O pasado sábado e aproveitando a relevancia do II Torneo 3X3 Na Rúa e das finais da II Liga Senior 3X3 Fundación Breogán, realizouse a simbólica entrega, por parte de Fernando Welzhofer e o seu equipo de Banco Mediolanum do cheque polo importe recadado coas doazóns do Torneo de Pádel Solidario Fundación Breogán Diversia.
Os receptores dos 12.596€ foron a Fundación Breogán e Xuncas Diversia, cantidade que, como xa sabedes será destinada integramente a mercar cadeiras de rodas adaptadas á práctica deportiva, en concreto para o equipo FUNDACIÓN BREOGÁN DIVERSIA.
No acto estiveron presentes varios integrantes do conxunto, que non quixeron deixar pasar a oportunidade de agradecer este solidario impulso para o futuro do equipo.
Pola nosa banda queremos agradecer unha vez máis a tódalas empresas patrocinadoras e colaboradoras deste evento, que fixeron posible acadar esta importante cantidade económica, que nos permitirá afrontar a vindeira tempada con maior comodidade e ampliar o rango de idades da actividade deportiva, tentando chegar tamén aos máis novos.