Novas

Fundación Breogán Diversia – Comezan a chegar as novas cadeiras

Xa temos no noso equipo dúas das seis cadeiras de rodas adaptadas para a práctica do baloncesto, que puidemos mercar grazas ás doazóns obtidas no Torneo de Pádel Solidario celebrado o pasado 3 de xuño.

As cadeiras son suministradas por Promedisa, nas imaxes podemos ver a Pablo, o seu responsable realizando a montaxe das mesmas.

Queremos facer extensivo o noso agradecemento a tódalas empresas que colaboraron co equipo Fundación Breogán Diversia para acadar este obxectivo: Banco Mediolanum, Promedisa, Bittel, Mateo y Sánchez Asesores, Roysan Auto SA, Opticalia Callao e Os Cachivaches.

Grazas a todas elas e á solidariedade da xente, María, Álvaro e os demáis xogadores/as xa están a disfrutar das novas cadeiras.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *