🥋 LUZ AO DEPORTE | V EDICIÓN
O mellor está por vir. 💙
A karateka lucense Uxía Folgueira foi a protagonista dunha nova sesión de Luz ao Deporte, no Auditorio da Fundación Abanca, onde compartiu co alumnado do Colexio San José e do CEIP Albeiros a súa experiencia no camiño cara á elite do kárate.
Con tan só uns anos de traxectoria no alto nivel, Uxía xa sabe o que significa conquistar grandes títulos internacionais. Pero detrás de cada medalla hai moito máis: horas de adestramento, disciplina, concentración e capacidade para aprender de cada erro e seguir mellorando.



Nunha conversa conducida pola xornalista María Nieto, os rapaces e rapazas puideron achegarse á realidade dunha deportista que, malia os éxitos acadados, aínda ten un futuro cheo de retos e oportunidades por diante.
A sesión contou tamén coa presenza de Zaira Dapena, directora territorial de ABANCA en Lugo, entidade patrocinadora deste proxecto educativo da Fundación Breogán.
Grazas, Uxía, por compartir a túa historia e lembrarnos que o importante non é só ata onde chegamos, senón todo o que aprendemos polo camiño. 💙