Novas

Torneo de Pádel Solidario – Fundación Breogán Diversia – 3 xuño 2023

Obxectivo máis que acadado neste I Torneo de Pádel Solidario Fundación Breogán Diversia.

A participación e a solidariedade foi altísima, o que contribuíu a crear un ambiente único.

Os sorteos, a música e Máximus, Mickey e demáis mascotas, puxeron a nota divertida e distendida, entretendo aos asistentes paralelamente á desputa dos encontros de pádel.

Temos que destacar o labor d@s compoñentes do equipo FUNDACIÓN BREOGÁN DIVERSIA, presentes durante toda a tarde e desempeñando un papel moi importante no transcurso da actividade.

Eles foron os encargados da entrega dos premios, dos sorteos e de amosarlle ao público asistente, que con ilusión todo é posible.

Queremos dar as grazas a LUCUS PÁDEL por abrirnos as portas das súas magníficas instalacións e pola axuda prestada nas tarefas organizativas.

Por último agradecer ás empresas patrocinadoras e colaboradoras do evento, porque sen a súa axuda non sería posible realizar este torneo.

E como non, a Banco Mediolanum por contar ca Fundación Breogán para levar a cabo esta iniciativa tan fermosa e útil para a cidade de Lugo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *