Novas

🏀♻️ NINGÚN ARO SEN REDE | 5º CURSO

Desde hai cinco cursos, Ningún Aro Sen Rede leva aos centros educativos da provincia de Lugo unha proposta baseada na economía circular, a sostibilidade e os hábitos de vida saudables.

Da man da Fundación Breogán, da UNED Lugo e de Ecoballution, o alumnado participa activamente na recollida e reciclaxe de materiais de escritura en desuso, descubrindo que cada pequeno xesto pode ter un impacto real.

Ata o de agora, os centros participantes xa lograron recuperar 164,416 kg de material de escritura, demostrando que o compromiso colectivo pode transformar residuos en oportunidades.

Ao mesmo tempo, os centros reciben redes de baloncesto artesanais elaboradas a partir de residuos mariños reciclados, convertendo as súas canastras nun exemplo visible de economía circular.

Na tempada 2026/27 celebraremos o 5º curso dun proxecto que chegará xa a 50 centros educativos da provincia.