Política de Privacidade

POLÍTICA DE PRIVACIDADE DA FUNDACIÓN BREOGÁN

A través da presente Política de Privacidade queremos dar a coñecer o modo de operar da Fundación Breogán con respecto á recollida, uso, almacenamento e cesión dos datos persoais que os usuarios do noso contido web nos faciliten, todo elo dunha forma sinxela e pouco engorrosa.

1. Historia

Dende un principio asentamos con clarividencia as bases para a realización dun proxecto seguro e que transmita confianza ó usuario, tendo en conta a velocidade ca que a tecnoloxía se apropiou de case o cen por cen do noso modo de vida e sabendo por elo que hoxe en día a protección dos caracteres personais máis identificativos de calquer persoa son obxecto da máxima protección que poida ofertar calquer prestador de servicios.

Neste senso, dende a Fundación Breogán queremos dar a coñecer a sú adecuación ó Reglamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello do 27 de abril de 2016 (en adiante, “RGPD”) así como a canta normativa nacional de aplicación e desenrolo se aplique.

2. Responsable do tratamento

O responsable do tratamento de datos será a Fundación Breogán con domicilio en Avda. Filarmónica Lucense, s/n, 27002, Lugo, e con dirección electrónica info@fundacionbreogan.org

3. Quén nos lexitima para utilizar os datos persoais

Nunca solicitaremos información persoal a non ser que sexa necesaria para prestar os servizos requeridos polo usuario, sin desviarnos da finalidade transmitida e sin compartir en ningún caso os datos facilitados a non ser que obteñamos a autorización daquel ou sexa preceptivo por ley.

En calquer caso, destacamos que a lexitimación da Fundación Breogán para o tratamento dos datos apoiase en:

O usuario aportou os seus datos personais para relacións precontractuais ou contractuais (i.e. abonados, compradores de entradas ou merchandising), e/ou prestou o seu consentimento informado para o envío de comunicacións comerciais (acorde á LSSI), e/ou vai participar en proxectos/eventos sociais, deportivos, culturais organizados pola Fundación Breogán directa ou indirectamente. Tamén para rastrexo doutros datos non identificabeis sobre hábitos de navegación conforme á Política de Cookies ou para o envío de información requerida a través de formularios de contacto, entre outros. En calquer caso poden existir obligacións legaies que requiren o tratamento dos datos personais dacordo cos servicios prestados. O que destacamos realmente é que os datos recopilados consentíronse de maneira inequívoca no momento no que o usuario o fai online ou de maneira presencial nas oficinas da Fundación Breogán, sin perxuicio dos dereitos que o concernen descritos no punto 7 desta Política de Privacidade.

Dito o anterior, gustaríano suliñar que, como entidade organizadora dos eventos para os que o usuario nos facilita os datos e asiste ós mesmos, é posible que á hora de publicar noticias sobre ditos eventos, ben para informar, ben para documentar, poderemos recopilar canta información gráfica (estática ou dinámica) se obtivese daquel no transcurso do mesmo, podendo publicar así dita información en calquer medio dos presentes ou futuros, dixital ou en papel.

Asimesmo, como responsabeis do tratamento de todolos datos de carácter persoal que se recollan na prestación deste servizo redactamos e asinamos contratos cos posibles terceiros que poidan ser nomeados como encargados do tratamento de datos, tales como os empregados do titular do servizo, formandoos de xeito previo cos coñecementos necesarios na materia para o tratamento e garda de ditos datos, dispoñendo en todo caso dun servizo de garda dos datos personais acorde á normativa vixente.

4. Limitacións de idade

É destacable que no caso dos usuarios menores de catorce (14) anos, para poder tratar os seus datos personaies necesitaremos a autorización expresa dos seus pais ou tutores, sen recabar, por suposto, aqueles datos ós que non nos autorice a normativa en cuestión.

5. Cómo recabamos os datos e cómo os tratamos

Os datos recabados na nosa web provirán sempre da cumplimentación de formularios para proceder á compra dos artigos en venta e/ou da cumplimentación dos formularios requeridos para proceder á compra de entradas e/ou abonos da temporada. Neste sentido, ó igual que expoñemos no noso Aviso Legal, o usuario será o único responsable da licitude e veracidade deses datos, debendo mantelos actualizados na medida do posible.

A tenor do RGPD, destacaremos agora os principios que aplicamos en todo caso ós datos de carácter persoal:

  • Principio de licitude, lealtade, transparencia e limitación de uso: os datos persoais que recabemos serán tratados de maneira lícita, leal e transparente, pedíndolle ó usuario sempre o seu consentimento, previa información sobre dito tratamento, e todo elo de forma concisa, transparente, intelixible e de doado acceso. En ningún caso empregaremos os datos obtidos para fins diferentes dos informados e, en canto o prazo de utilización, emplearemolos mentras continúe a finalidade de tratamento e/ou hata que o usuario revoque o consentimento e/ou asta que o indique a lei.

  • Principio de confidencialidade: emplearemos todalas ferramentas á nosa disposición para garantir a integridade e seguridade dos datos, mantendo a confidencialidade como obxectivo primeiro.

6. A quén poderemos comunicar os datos

Para dar cabida ás nosas funcións, así como para poder prestarlle ó usuario os servizos publicitados, poderemos comunicar os datos a:

  • Os prestadores de servizos que faciliten a organización dos partidos nas nosas instalacións, concretamente a quenes directa ou indirectamente estén relacionados ca nova normativa sobre espectáculos públicos e actividades recreativas de Galicia.

  • As entidades bancarias en cuestión que nos faciliten o servizo de xestión de pagos e cobros de abonos e/ou entradas.

  • A empresa prestadora do servizo de xestión web e sistema informático de xestión de abonos.

  • A empresa auditora de contas.

  • A empresa de reparto no caso de envíos online de merchandising.

  • Organismos públicos que por obligación legal nos soliciten datos relativos ó usuario.

7. Cómo garantimos o tratamento de datos: dereitos do usuario

En cualquer caso, dende a Fundación Breogán garantimos o correcto tratamento dos datos de carácter persoal de todos e cada un dos nosos usuarios, poñendo a disposición dos mesmos a opción de exercitar os seus dereitos de acceso, rectificación, oposición, supresión, limitación e portabilidade ó tratamento dos seus datos persoais, poñéndose en contacto co responsable dirixíndose por correo postal á Fundación Breogán Avda. Filarmónica Lucense, s/n, 27002, Lugo, ou ben a través da dirección electrónica info@fundacionbreogan.org

Todo o anterior sin perxuicio de potestade do usuario para a reclamación á Autoridade de Control (Axencia Española de Protección de Datos) en caso de ver infrinxido o tratamento dalgún dos seus datos segundo o contido da normativa vixente.

8. Outros posibles datos a recoller

Como non podía ser doutro xeito, cando o usuario accede á nosa web é probable que poidamos recabar outra tipoloxía de datos que non son identificables, tales como a ubicación, o modo de uso do servizo e accións máis comúns do usuario ó acceder ás pestanas, por exemplo. Destacamos que estos datos en ningún caso nos permiten identificar ó usuario, senón que son empregados para establecer pautas comúns de navegación web. Esto permítenos adquirir ventaxas de uso a nivel interno e estudar os actos máis repetitivos dos usuarios para coñecer os servizos máis visitados, por exemplo, adquirindo así información non identificativa de diversa tipoloxía que nos permita mellorar como entidade ó coñecer o gusto dos nosos usuarios.

9. Cómo evitamos o SPAM

A Fundación Breogán, a tenor do disposto na Lei 34/2002, de 11 de xulio, de servizos da sociedade da información e de comercio electrónico, salvo autorización expresa e consentida do usuario, non enviará correos comerciais de ningún tipo, a excepción das solicitudes concretas de cada cal.

10. Actualización da nosa Política de Privacidade

Poderemos en calquer caso modificar dita política de privacidade e actualizala acorde ós parámetros legais vixentes, publicándoo así na nosa web, destacando que si os datos actualizados fosen de certa importancia resaltarémolos na medida do posible e, si fose necesario, solicitaríamos o consentimento expreso do usuario, chegado o caso.