#SenFiltros: o que de verdade vivimos os mozos e mozas

A Fundación Breogán, en colaboración co Proxecto de Bana, pon en marcha un novo ciclo de charlas educativas dirixido ao alumnado de Educación Secundaria Obrigatoria (ESO).

Baixo o título #SenFiltros: o que de verdade vivimos os mozos e mozas, esta iniciativa busca abrir conversas honestas e necesarias sobre os retos que afronta a xuventude hoxe, dentro e fóra das aulas.

Nun formato dinámico e participativo, estas sesións propoñen un espazo seguro onde falar sen tabús de temas como o bullying, o ciberacoso, a saúde mental e o suicidio, poñendo o foco no benestar emocional e nas ferramentas que poden axudar a cada estudante a atopar o seu propio equilibrio.

O obxectivo é claro: escoitar, comprender e acompañar, ofrecendo recursos prácticos a través da arte e o deporte como canles de expresión, autocuidado e superación persoal.


💬 Bloques de traballo

  • #SenFiltros na clase e no patio: Bullying, exclusión e a presión diaria que sentimos.

  • #SenFiltros na pantalla: Ciberacoso, redes sociais, videoxogos e o impacto na nosa autoestima.

  • #SenFiltros na mente: Ansiedade, depresión e o valor de aprender a poñerlles nome.

  • #SenFiltros na vida: Falar do suicidio sen medo nin tabús: pedir axuda é un acto de valentía.

  • #SenFiltros con arte e deporte: Rap, escritura, fútbol, baloncesto… como transformar a presión en creatividade e xogo limpo.


🎯 Un proxecto con propósito

Con #SenFiltros, a Fundación Breogán reafirma o seu compromiso coa mocidade galega, apostando pola educación emocional, a saúde mental e os valores do deporte como ferramentas de cambio social.

Cada charla busca inspirar e conectar, para que ningún rapaz ou rapaza se sinta só/a fronte ás súas dificultades, e para que aprendan que falar, compartir e crear son pasos valentes cara a unha vida máis sa, consciente e auténtica.


💚 Fundación Breogán e Proxecto de Bana.
Educando en valores, creando futuro.

 

Solicita máis información e inscríbe ao teu centro en 📧 inscripciones@fundacionbreogan.org

 

A Fundación Breogán e @elproyectodebana poñen en marcha este novo ciclo de charlas nos seguintes centros educativos:

🏫 IES Xograr Afonso Gómez – Sarria
🏫 Colexio Maristas – Lugo
🏫 CPI Tino Grandío – Guntín
🏫 Colexio Franciscanos – Lugo
🏫 IES Ánxel Fole – Lugo
🏫 IES Nosa Señora dos Ollos Grandes – Lugo

💬 Un total de seis centros que apostan por crear espazos seguros onde a mocidade poida falar sen tabús sobre o que realmente importa: bullying, ciberacoso, saúde mental e benestar emocional.

💚 Grazas por sumarvos a este proxecto que educa en valores e dá voz ao que de verdade sentimos.

Colexio Maristas

Primeira sesión de #SenFiltros, o novo ciclo de charlas que a Fundación Breogán impulsa xunto con @elproyectodebana.

A sesión, impartida por Samuel Del Árbol, tivo lugar no Colexio @maristaslugo, onde abrimos un espazo cercano e seguro para falar do que realmente lle preocupa á mocidade: bullying, ciberacoso, saúde mental, ansiedade, autoestima e prevención do suicidio. Un enfoque directo, claro e adaptado ao alumnado da ESO.

Con #SenFiltros buscamos acompañar, escoitar e ofrecer ferramentas útiles para que os mozos e mozas poidan comprender o que senten, pedir axuda cando o necesiten e fortalecer o seu benestar emocional.

Primeira sesión superada… e isto non fixo máis que comezar.