
Dende a Fundación Breogán, en colaboración con Dano Cerebral Lugo, poñemos en marcha unha iniciativa pioneira: desenvolver unha experiencia de deporte adaptado en catro colexios de Lugo para dar a coñecer a modalidade da Boccia — deporte paralímpico con longa tradición en España.
O obxectivo? Que os centros educativos non só se acheguen ao deporte adaptado senón que tamén reflexionen e tomen conciencia sobre as diferentes formas de discapacidade — en especial o dano cerebral — e rompan cos paradigmas de “non poden, non son capaces”. Aquí, o que importa é que si son capaces. Non poderán facer o baloncesto convencional, pero poden xogar a un deporte adaptado, con regras e entorno axeitados, e participar con éxito.
A acción dividese en dúas fases:
Primeira sesión: Xornada informativa e divulgativa dentro do colexio, para presentar a Boccia, os valores que incorpora e as oportunidades que ofrece.
Segunda sesión: Actividade práctica posterior, onde os nenos e nenas poderán experimentar directamente a modalidade, vivir o xogo, aprender as regras e comprobar que, con pequenos axustes, todos poden participar.
Unha aposta pola inclusión, polo entendemento e pola aprendizaxe a través do movemento e do xogo adaptado.
Centros educativos participantes:
- Maristas Lugo
- CEIP de Nadela
- Colexio Diocesano A Milagrosa
- CEIP Anexa Lugo








Arrancamos no Colexio Maristas
A Fundación Breogán, xunto con Dano Cerebral Lugo, iniciou o proxecto Boccia Escolar Adaptada – Eu tamén son capaz no Colexio Maristas.
Nunha primeira sesión teórica, o alumnado coñeceu este deporte paralímpico da man do educador social Pablo Freire, destacando os valores de inclusión e participación.
Na segunda sesión, xa práctica, os nenos e nenas de 3º de Primaria puideron experimentar directamente a boccia, acompañados por persoas usuarias de Dano Cerebral Lugo. Ambas actividades contaron co apoio e a excelente acollida da dirección e do profesorado do centro. O proxecto continúa con vocación de seguir achegando a inclusión aos centros educativos de Lugo.









