
“Boas Prácticas – Xestión emocional e saúde global” é un programa da Fundación Breogán dirixido ao alumnado de Educación Primaria de centros lucenses, que integra educación emocional e promoción da saúde como piares fundamentais do desenvolvemento integral.
A través de accións coordinadas cos centros educativos, o proxecto fomenta o autocoñecemento, a empatía, a resiliencia e as habilidades sociais, ao tempo que promove hábitos de vida saudables e unha comprensión global da saúde física, mental e social.
O programa complementa o currículo escolar mediante sesións dinámicas e participativas, impartidas por profesionais, que axudan ás nenas e nenos a xestionar emocións, fortalecer a autoestima e adoptar estilos de vida activos e responsables.
Boas Prácticas nace co compromiso de contribuír ao benestar persoal e social desde idades temperás, creando unha base sólida para o futuro das novas xeracións.
RELATORES / AS
MARÍA NÚÑEZ
Presidenta do Colexio de Odontólogos de Lugo
“Coido os meus dentes, coido a miña saúde"
ADRIÁN CALLEJO
Fisioterapeuta do CB Breogán
“Manexo das lesións e como previlas"
LAURA SAS
Máster en Alimentación na Actividade Física e o Deporte
“Qué comen @s campions/oas?"
LUIS ABEL TABOADA
Director da Fundación Breogán
“Deporte san, mente sa"
LETICIA FERNÁNDEZ VILLAMARÍN
Titulada en Educación Física
e INEF
“Moverse é aprender a coidarse"
NICOLÁS MARTÍNEZ ADEGA
Campión do mundo de paracanoe
“O deporte cambia vidas"
Laura Sas – Qué comen @s campións /oas?
A Fundación Breogán pon en marcha esta nova iniciativa educativa coa primeira charla a cargo de Laura Sas Barbeito (@nutriiva), nutricionista especializada en nutrición deportiva.
🥗 “Que comen os campións e campioas?” será o título desta sesión, na que o alumnado descubrirá como a alimentación inflúe no rendemento e no benestar.
📍 Xoves 22 de xaneiro
• CEIP Luis Pimentel – 10:00 h
• CEIP Das Mercedes – 12:00 h
Seguimos traballando por unha educación en hábitos saudables desde a infancia.





Boas Prácticas – Nicolás Mtnez. Adega – O deporte cambia vidas
Desde a Fundación Breogán continuamos coas sesións formativas de 𝗕𝗼𝗮𝘀 𝗣𝗿a𝗰𝘁𝗶𝗰𝗮𝘀: Xestión Emocional e Saúde Global en Educación Física, un proxecto que utiliza o deporte como ferramenta para promover o benestar físico, mental e social no alumnado de Primaria.
✨ Mañá teremos unha charla moi especial con Nicolás Martínez Adega, palista do Club Fluvial de Lugo e exemplo inspirador de superación.
🏆 Campión do mundo na categoría KL3 10.000 metros sénior no Mundial de maratón, compartirá connosco a charla:
💬 “O deporte cambia vidas”
📅 Mañá, 11 de febreiro:
📍 CEIP Luis Pimentel — 🕙 10:00 h
📍 CEIP Das Mercedes — 🕛 12:00 h
Unha oportunidade para aprender, emocionarnos e descubrir como o deporte pode ser motor de cambio e mellora persoal.




Boas Prácticas – Dra, María Núñez – Coido os meus dentes, coido a miña saúde
Nova xornada formativa coa participación da Dra. María Núñez Otero, que impartiu a charla “Coido os meus dentes, coido a miña saúde”.
A actividade tivo lugar en dúas sesións nos CEIP Luis Pimentel e CEIP Das Mercedes, onde o alumnado aprendeu de xeito dinámico e participativo sobre a importancia do coidado bucodental e a súa relación coa saúde xeral.
Con iniciativas como esta, a Fundación Breogán continúa fomentando hábitos saudables e valores educativos entre os nenos e nenas, reforzando o papel do deporte e da saúde como parte da formación integral.





Boas Prácticas – Leticia Fdez. Villamarín – Moverse é aprender a coidarse
Hoxe celebramos unha nova sesión do proxecto Boas Prácticas, na que tivemos o pracer de contar con Leticia Fdez. Villamarín, titulada en Educación Física e INEF.
A través da súa charla 💬 “Moverse é aprender a coidarse”, o alumnado puido comprender a importancia de incorporar o movemento e a actividade física no seu día a día como base para unha vida saudable.
Unha xornada para aprender, reflexionar e seguir avanzando cara a un maior benestar físico e emocional.
Grazas, Leticia, por compartir coñecemento e transmitir a importancia de coidarnos tamén a través do movemento.





Boas Prácticas – Adrián Callejo – Manexo das lesións e como previlas
Seguimos sumando experiencias dentro das sesións formativas de 𝗕𝗼𝗮𝘀 𝗣𝗿𝗮𝗰𝘁𝗶𝗰𝗮𝘀: Xestión Emocional e Saúde Global en Educación Física, achegando o deporte como ferramenta clave para o benestar integral do alumnado.
Tivemos o pracer de contar con Adrián Callejo, fisioterapeuta do Río Breogán, quen compartiu co alumnado coñecementos moi valiosos sobre o coidado do corpo na práctica deportiva.
💬 “Manexo das lesións e como previlas”
Ao longo das sesións nos CEIP Luis Pimentel e CEIP Das Mercedes, o alumnado puido aprender de forma práctica como identificar, manexar e, sobre todo, previr lesións desde idades temperás.
👏 Grazas a Adrián pola súa cercanía e por transmitir ferramentas tan útiles para o día a día, e aos centros pola súa participación e implicación.






B
S