“Todos temos un aro que alcanzar”


O proxecto AROS nace co apoio da Vicedeputación de Lugo e coa forza dun símbolo: o aro como círculo que nos envolve, que nos une e que nunca queda incompleto ata que o pechamos entre todos.
Tras unha primeira fase piloto no mes de xuño, demos os primeiros pasos confirmando o valor e o potencial da iniciativa. Agora avanzamos con decisión, abrindo o proxecto a catro vertentes fundamentais, que representan camiños diferentes pero complementarios cara á inclusión, á esperanza e ao futuro.
As catro vertentes de AROS:
AROS Vida
Un espazo para a inclusión, a participación e a diversidade.
Aquí, o deporte convértese nunha linguaxe universal onde todas as persoas teñen cabida, independentemente das súas capacidades.
En colaboración con COGAMI Lugo, AROS Vida é o recordatorio de que cada quen leva consigo unha vida que suma e que merece ser compartida desde o movemento e a convivencia.
AROS Luz
Esta vertente representa a claridade e a esperanza que nacen do acompañamento.
Xunto con Raiolas Lugo e Dano Cerebral Lugo, AROS Luz busca ofrecer apoio a persoas e familias que afrontan realidades complexas, promovendo espazos de recuperación, integración e benestar.
É unha luz que guía e que lembra que nunca se está só no camiño.
AROS Futuro
O futuro constrúese hoxe.
Esta vertente pon o foco nas persoas en etapa de desenvolvemento, acompañándoas no seu crecemento, formación e inclusión social.
En colaboración con Down Lugo, AROS Futuro é confianza no porvir: persoas con todo por diante, con dereito a soñar e a avanzar no deporte, na sociedade e na vida.
AROS Saúde
Da man do Hospital de Día de Saúde Mental do HULA, AROS Saúde promove o benestar integral a través do deporte, como ferramenta de apoio, equilibrio e crecemento persoal.
Un espazo onde corpo e mente traballan xuntos, reforzando a autoestima, a convivencia e a saúde emocional.
O Proxecto AROS é moito máis ca deporte: é un círculo de valores, de colaboracións e de compromisos que se pechan grazas á unión entre entidades, familias e persoas.
Con AROS seguimos a trazar unha mensaxe clara:
Para ver as actividades de 2025 fai click aquí.