INCLUSIÓN +XTI

INCLUSIÓN +XTI é un programa socioeducativo desenvolvido en Lugo pola Fundación Breogán orientado á prevención de condutas de risco e á promoción da inclusión social de menores e mocidade en situación de vulnerabilidade.
A iniciativa combina dúas liñas de intervención complementarias. Por unha banda, un programa de inclusión deportiva a través da práctica de baloncesto, fútbol sala e boxeo, empregando o deporte como ferramenta para fomentar hábitos saudables, o traballo en equipo, a disciplina e a autoestima. Por outra, un programa reeducativo e de concienciación baseado en obradoiros socioeducativos, nos que se traballan habilidades para a vida como a xestión emocional, a comunicación, o pensamento crítico e a resolución de conflitos, incorporando tamén a expresión creativa a través do rap como vehículo de participación e cohesión.
INCLUSIÓN +XTI ofrece un espazo seguro e estruturado onde a mocidade pode desenvolver o seu potencial, reforzar a súa identidade e construír alternativas positivas de lecer, contribuíndo así á mellora da convivencia e á integración social.
O proxecto está financiado polo Concello de Lugo a través da Concellería de Xuventude e Deportes, e intégrase nas liñas de actuación do Plan Nacional sobre Drogas do Ministerio de Sanidade, orientadas á prevención e á promoción de estilos de vida saudables na mocidade.
Un programa que suma deporte, educación e oportunidades para transformar realidades.








Segunda semana de INCLUSIÓN +XTI
⚽ Luns: sesión de fútbol sala cos amigos de LugoSala.
🏀 Martes: nova xornada de baloncesto coa Fundación Breogán
🎤 Mércores: primeiro obradoiro de rap con Samuel del Árbol, onde os rapaces e rapazas estrearon as súas libretas para escribir as súas mellores rimas ✍️🔥
Seguimos medrando a través do deporte e a creatividade en Lugo 🙌
🤝 Grazas a Fundación Secretariado Gitano e Fundación Dignidade.
📌 O proxecto está financiado polo @concellolugo a través da Concellería de @xuventudedeporteslugo, e intégrase nas liñas de actuación do Plan Nacional sobre Drogas do Ministerio de Sanidade, orientadas á prevención e á promoción de estilos de vida saudables na mocidade.







Primeira semana de INCLUSIÓN +XTI completada
Arrancamos con moita enerxía 💪
🥊 Luns: sesión de boxeo co Boxing Club Lugo.
🏀 Martes: adestramento de baloncesto cos técnicos da Fundación Breogán.
🧠 Mércores: taller de educación social con María Piñeiro.
Seguimos sumando deporte, aprendizaxe e oportunidades en Lugo 🙌
🤝 Grazas a Fundación Secretariado Gitano e Fundación Dignidade pola colaboración.
📌 O proxecto está financiado polo @concellolugo a través da Concellería de @xuventudedeporteslugo, e intégrase nas liñas de actuación do Plan Nacional sobre Drogas do Ministerio de Sanidade, orientadas á prevención e á promoción de estilos de vida saudables na mocidade.
📍 Lugar de desenvolvemento:
- CEIP Anexa e O Palomar.
- CIEMA Lugo.
📅 Duración:
3 meses
🔹 ESTRUTURA DA ACTIVIDADE
🏀 Programa de inclusión deportiva (3 h/semana):
- Baloncesto.
- Fútbol sala (semanas alternas).
- Boxeo educativo (semanas alternas).
🧠 Programa reeducativo e de concienciación (1,5 h/semana):
- Talleres de prevención de condutas de risco. (semanas alternas)
- Talleres creativos a través do rap. (semanas alternas)
⭐ ACCIÓNS COMPLEMENTARIAS
- 🤝 Encontro con referentes deportivos
- 🏆 Xornada deportiva inclusiva
👥 Persoas destinatarias:
Mocidade en situación ou risco de exclusión social
👤 Nº de participantes:
15–30 persoas (estimado)
🎯 Obxectivo principal:
Promover a inclusión social, a prevención de condutas de risco e o desenvolvemento persoal a través do deporte e da educación
💰 Financiamento:
Actividade financiada polo Concello de Lugo a través da Concellería de Xuventude e Deportes, no marco do Plan Nacional sobre Drogas do Ministerio de Sanidade