MIÑO VIVO

MIÑO VIVO é unha iniciativa de educación ambiental impulsada pola Fundación Breogán co patrocinio da UNED Lugo, destinada a promover o coñecemento, a participación e a conexión coa natureza na contorna da Reserva da Biosfera Terras do Miño.
O proxecto nace coa vontade de traballar xunto a asociacións e colectivos de Lugo a través de experiencias vivenciais no exterior, combinando aprendizaxe, sensibilización ambiental e creación colectiva.
As sesións desenvolveranse na contorna do río Miño mediante dinámicas participativas centradas na observación da biodiversidade, a identificación da flora autóctona, a escoita activa da natureza e a elaboración dun mural colaborativo con elementos naturais recollidos durante a actividade.
A primeira actividade celebrarase o 12 de xuño.
MIÑO VIVO aposta por unha educación ambiental inclusiva, activa e conectada co territorio, poñendo en valor a riqueza natural e ecolóxica dunha das reservas da biosfera máis importantes da Península Ibérica.
- 12 xuño - RAIOLAS
- 16 xuño - DANO CEREBRAL LUGO
- 17 xuño - H.U.L.A.
- 18 xuño - ASPNAIS
- 19 xuño - SAN VICENTE DE PAUL
- 23 e 26 xuño - COGAMI
- 26 xuño - GRAZAS AVÓS
- 30 xuño - DOWN LUGO
RAIOLAS - 12 xuño 2026
Nace “Miño Vivo”, un novo proxecto de educación ambiental na Reserva da Biosfera Terras do Miño, impulsado pola Fundación Breogán e a UNED de Lugo.
A primeira actividade reuniu a persoas usuarias de Raiolas nunha xornada de contacto coa natureza, aprendizaxe e inclusión no entorno do río Miño. A iniciativa busca fomentar a participación social, o coñecemento da biodiversidade e o coidado do patrimonio natural de Lugo.
Durante este mes, “Miño Vivo” continuará con máis sesións xunto a diferentes entidades sociais como ASPNAIS, COGAMI, Down Lugo ou o Hospital Universitario Lucus Augusti, entre outras.
Un proxecto que une natureza, inclusión e comunidade dentro do espírito de #LugoNaturalMente





