Novas

GRAZAS A-VÓS | 4ª TEMPADA

Hai proxectos que nacen para devolver, en forma de tempo e coidados, todo o que recibimos.

Grazas A-VÓS é unha iniciativa da Fundación Breogán pensada para promover o benestar físico, mental e social das persoas maiores de 65 anos, grazas ao apoio da Xunta de Galicia.

Ao longo da tempada, as persoas usuarias das residencias públicas de As Gándaras e A Milagrosa participan en talleres de envellecemento activo, actividades de estimulación cognitiva, exercicio físico e experiencias compartidas que fomentan a participación, a aprendizaxe e a socialización.

O proxecto complétase con accións divulgativas e de promoción da saúde en colaboración coa UNED Lugo, Laura Sas, que achega obradoiros de nutrición, e o Colexio Oficial de Odontólogos e Estomatólogos de Lugo (COEL), con sesións de saúde bucodental. Ademais, as persoas participantes forman parte de Pegadas da Memoria, o programa de terapia asistida con cans da Fundación Breogán.

Máis alá das actividades semanais, Grazas A-VÓS tamén crea momentos inesquecibles como a asistencia aos partidos do Río Breogán no Pazo, onde o deporte convértese nun espazo de encontro, ilusión e pertenza.

Na tempada 2026/27 celebraremos a súa 4ª tempada, consolidando un proxecto que segue medrando e demostrando que envellecer de forma activa tamén é compartir, aprender e sentirse parte dunha comunidade.

Porque Grazas A-VÓS, somos o que somos.