Novas

EXPERIENCIA BREOGÁN – NEUROESCOLA HULA / ADRIÁN SALGADO

🧠💙 Chega a última Experiencia Breogán de 2026!

Na semana do 9 de novembro, da man da nosa empresa benefactora Adrián Salgado Óptica e Audición, dedicaremos esta experiencia á Neuroescola do Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA).

Un proxecto pioneiro en Galicia que une medicina e educación para acompañar nenos e adolescentes con epilepsia, atendendo as súas necesidades de aprendizaxe, memoria e atención.

Porque detrás de cada diagnóstico hai moito máis ca unha enfermidade: hai nenos con ganas de aprender, familias que precisan apoio e oportunidades que poden marcar a diferenza.

Nesta última experiencia do ano queremos dar visibilidade a unha iniciativa que nos lembra a importancia de mirar máis alá da enfermidade e poñer as persoas no centro. 💙