🏀 LUZ AO DEPORTE | V EDICIÓN
A parte invisible do éxito. 💙
O xogador do Río Breogán, Josep Peris, protagonizou unha nova sesión de Luz ao Deporte, no Auditorio da Afundación de Lugo, compartindo co alumnado do CEIP Quiroga Ballesteros e Franciscanos Lugo a súa experiencia no camiño ata chegar ao baloncesto de elite.



Nunha conversa conducida pola xornalista María Nieto, Josep achegou aos rapaces e rapazas a realidade que existe detrás dunha carreira profesional: os anos de traballo, os cambios de equipo, os momentos difíciles, a paciencia e a constancia necesarias para seguir avanzando sen deixar de perseguir un soño.
Unha historia que demostra que chegar á elite non é cuestión dun día, senón o resultado de moitos anos de esforzo e aprendizaxe.
Grazas, Josep, por compartir o teu percorrido e amosarnos todo aquilo que non sempre se ve cando se acenden os focos. 💙
🤝 Un proxecto da Fundación Breogán co patrocinio de ABANCA.
