Un encontro diferente, unha experiencia que suma!
A última sesión de Máis Que Basket no Rural en Guitiriz foi moi especial. Unha representación do equipo de baloncesto en cadeira de rodas de NÓS Baloncesto, outro dos proxectos da Fundación Breogán, achegouse para compartir pista, experiencias e moito baloncesto cos rapaces e rapazas.



Un deses encontros nos que todos aprendemos, compartimos e medramos xuntos. A transversalidade dos nosos proxectos tamén se constrúe así: creando conexións e enriquecéndonos mutuamente. 💙