AMIGABLE INTERNACIONAL

 

 

 

8 de Setembro de 2022.

 

 

Organizado polo CONCELLO DE LUGO e ca colaboración da FUNDACIÓN BREOGÁN, celebrouse este encontro amigable e solidario no Pavillón Municipal de Lugo..

 

O Director da @fundacionbreogan, @salva_arco, a Alcaldesa do @concellolugo, @laramendezlopez e o Concelleiro de Deportes e Xuventude, @maurirepetto, presentaron oficialmente o encontro solidario entre o @cbbreogan e o @fcporto na Casa Consistorial do Concello de Lugo.

Supuxo o primeiro encontro desta pretempada en Lugo e tivo un claro propósito solidario, xa que todolos beneficios obtidos vanse destinar á doazón benéfica que realizará a Fundación Breogán ó fin de ano.

Dita doazón entregarase, por elección dos socios benefactores da Fundación, a unha das entidades coas que traballamos durante todo este 2022.

A doazón terá lugar durante o último encontro como local do C.B.Breogán neste 2022. Un representante de cada unha das partes implicadas, Fundación Breogán, socios benefactores e C.B. Breogán, serán os encargados de entregar o cheque ó responsable da entidade escollida.

Sen dúbidas, foi un motivo máis para gozar deste novo C.B.Breogán da forma máis solidaria.