“Todos temos un aro que alcanzar”

 

 

O proxecto AROS nace co apoio da Vicedeputación de Lugo e coa forza dun símbolo: o aro como círculo que nos envolve, que nos une e que nunca queda incompleto ata que o pechamos entre todos.

Tras unha primeira fase piloto no mes de xuño, demos os primeiros pasos confirmando o valor e o potencial da iniciativa. Agora avanzamos con decisión, abrindo o proxecto a catro vertentes fundamentais, que representan camiños diferentes pero complementarios cara á inclusión, á esperanza e ao futuro.

As catro vertentes de AROS:

AROS Vida

Un espazo para a inclusión, a participación e a diversidade.
Aquí, o deporte convértese nunha linguaxe universal onde todas as persoas teñen cabida, independentemente das súas capacidades.
En colaboración con COGAMI Lugo, AROS Vida é o recordatorio de que cada quen leva consigo unha vida que suma e que merece ser compartida desde o movemento e a convivencia.

AROS Luz

Esta vertente representa a claridade e a esperanza que nacen do acompañamento.
Xunto con Raiolas Lugo e Dano Cerebral Lugo, AROS Luz busca ofrecer apoio a persoas e familias que afrontan realidades complexas, promovendo espazos de recuperación, integración e benestar.
É unha luz que guía e que lembra que nunca se está só no camiño.

AROS Futuro

O futuro constrúese hoxe.
Esta vertente pon o foco nas persoas en etapa de desenvolvemento, acompañándoas no seu crecemento, formación e inclusión social.
En colaboración con Down Lugo, AROS Futuro é confianza no porvir: persoas con todo por diante, con dereito a soñar e a avanzar no deporte, na sociedade e na vida.

AROS Saúde

Da man do Hospital de Día de Saúde Mental do HULA, AROS Saúde promove o benestar integral a través do deporte, como ferramenta de apoio, equilibrio e crecemento persoal.
Un espazo onde corpo e mente traballan xuntos, reforzando a autoestima, a convivencia e a saúde emocional.


O Proxecto AROS é moito máis ca deporte: é un círculo de valores, de colaboracións e de compromisos que se pechan grazas á unión entre entidades, familias e persoas.
Con AROS seguimos a trazar unha mensaxe clara:


Para ver as actividades de 2025 fai click aquí.

 

INICIO NOVA TEMPADA

A próxima semana, coincidindo co inicio do mes de outubro, poñemos en marcha a 2ª tempada de 𝗔𝗥𝗢𝗦 💙

Un proxecto que segue medrando para ofrecer espazos de encontro, actividade física, inclusión e benestar a través do baloncesto e do deporte adaptado.

Esta nova tempada será posible novamente grazas ao apoio do Servizo de Deportes da @vicedepulugo e á colaboración de @raiolaslugo, @danocerebrallugo, @downlugo, @cogami_lugo e o Hospital de Día de Saúde Mental do HULA.

Con moita ilusión, estamos preparados para volver compartir experiencias, aprendizaxes e momentos que fan do deporte unha poderosa ferramenta de transformación social.

Arrincamos a tempada 2026/27 de 𝗔𝗥𝗢𝗦 𝗩𝗜𝗗𝗔 💙

Nesta primeira sesión volvemos compartir pista cos nosos amigos e amigas de @cogami_lugo, recuperando unha rutina que nos deixa cada semana momentos de alegría, esforzo e compañeirismo.

Da man da nosa adestradora, 𝗠𝗮𝗶𝘀𝗮 𝗟ó𝗽𝗲𝘇, iniciamos un novo curso coa ilusión de seguir aprendendo, superando retos e gozando do baloncesto en equipo.

@vicedepulugo

Xa de volta na pista cos rapaces e rapazas de @raiolaslugo en 𝗔𝗥𝗢𝗦 𝗟𝗨𝗭! 🏀💙

Que ganas tiñamos de volver e retomar esta actividade que nos alegra a semana a base de esforzo e bo ambiente.

Coa nosa adestradora Maisa López á fronte do equipo de monitores, poñemos en marcha este novo curso coas pilas cargadísimas para pasalo en grande xogando ao baloncesto.

@vicedepulugo