Somos gañadores!


O Proxecto Ícaro da Fundación Breogán é un dos proxectos gañadores de 𝗖𝗮𝗻𝗰𝗵𝗮 𝗦𝗼𝗹𝗶𝗱𝗮𝗿𝗶𝗮 𝗘𝗻𝗱𝗲𝘀𝗮 (@endesa_basketlover),  rematando na 5ª posición final.

Entre máis de 200 iniciativas de toda España que utilizan o baloncesto como motor de cambio social, conseguimos situarnos entre os proxectos premiados. Un logro colectivo que pertence a todas as persoas que votastes, compartistes e empuxastes ata o final.

Este recoñecemento é posible grazas a todas as persoas que nos votastes e que confiastes no Proxecto Ícaro desde o primeiro día.

Grazas polo voso apoio, pola vosa difusión e por cada voto que nos levou ata aquí.

Este premio é colectivo. É da xente que cre nun baloncesto que transforma vidas.

Seguimos voando alto


👉 Cancha Solidaria Endesa


 

Embaixadores / as

Desde a Fundación Breogán queremos agradecer publicamente o apoio das persoas que se sumaron como embaixadores e embaixadoras do Proxecto Ícaro na campaña de votación de Cancha Solidaria Endesa.

A través de vídeos e mensaxes compartidas nas nosas redes sociais, diferentes persoas vinculadas á Fundación, ao baloncesto e aos nosos proxectos puxeron voz a unha mesma idea: o deporte pode transformar vidas cando se practica con valores, inclusión e compromiso social.

Grazas a todas e todos por axudarnos a dar visibilidade ao Proxecto Ícaro e por animar á comunidade a participar coa súa votación.