Divertida tarde a vivida onte no Colexio Salesianos Lugo na actividade desenrolada pola Fundación Breogán e incluída dentro das Festas do Barrio da Milagrosa.
Unha ducia de parellas de apaixoad@s do baloncesto, achegáronse ata as instalacións do Colexio Divina Pastora a para participar na competición de Two Ball.
Foi unha tarde chea de emoción e sorpresas para tod@s, na que houbo trofeos para as parellas ganadoras das dúas categorías: “Space Jam” e “Tocapelotas” e varios sorteos nos que se entregaron cuncas, gorras, camisetas Musa Legend e Edición Especial Arde Lucus, todo cortesía do C.B. Breogán.
Queremos agradecer a todos eles e elas a súa participación, así como ao Concelleiro de Deportes e Xuventude do Concello de Lugo, Jorge Bustos e aos membros da Comisión de Festas, Silvia Ríos, María Meilán e Ángel Canario pola sua presenza e apoio.