FASE PREVIA MINI COPA ENDESA 2023

 

 

 

 

Os mellores xogadores de categoría infantil da provincia de Lugo viviron unha experiencia única para calquera amante do baloncesto.

A Fundación Breogán representou en Tarragona ó C.B.Breogán na fase previa da Mini Copa Endesa da tempada 2023/2024.

Considerada como unha das máis prestixiosas e mediáticas competicións de formación do baloncesto español, unha selección de xogadores de toda a provincia de Lugo tivo a oportunidade de participar e buscar un posto na fase final da MINI COPA ENDESA.

Unha experiencia única e inesquecible para calquera xogador e na que os nosos rapaces volveron a amosar a súa capacidade de loita.

Ligazón de acceso ao formulario de inscrición para o adestramento pre-selección. (Inscricións pechadas)

 

 

Preselección Equipo Fase Previa Minicopa Endesa (1/11/2023).

Os exercicios de quecemento previos ao adestramento foron dirixidos por @oscarvianag e @quiquefraga13, preparador físico e técnico (respectivamente) do @cbbreogan.
Primeira sorpresa da tarde.

O xogador do @cbbreogan@erik_quintela compartíu pista cos rapaces.

Sen dúbida esto supuxo un extra de motivación para todos eles.
O primeiro grupo recibiu a visita do Director Xeral do @cbbreogan, Tito Díaz.

A maiores de desexarlles moita sorte, Tito tivo palabras de agradecemento para todos eles e amosoulles a importante tarefa que terán os 12 seleccionados, representar ao @cbbreogan, á @fundacionbreogan e á provincia de Lugo.
Fin da xornada. Os preto de 70 rapaces procedentes de tódolos clubs de Lugo rematan o adestramento.
Agora será a quenda dos adestradores @charlienovo81@nerevieites e do adestrador da Fundación Breogán @chiscolb_ , todos eles coordinados polo Director da @fundacionbreogan@salva_arco. quenes deberán decidir cales serán os 12 seleccionados.
Primeiro adestramento Equipo Fundación Breogán / C.B. Breogán Fase Previa Mini Copa Endesa 2023 (8/11/2023).
A pista principal do Pazo dos Deportes de Lugo, acolleu o primeiro adestramento do equipo definitivo que representará á FUNDACIÓN BREOGÁN e ao C.B. BREOGÁN na vindeira fase previa da Mini Copa Endesa.
Durante dúas horas, os 12 seleccionados ademáis de realizar un adestramento no que todos se amosaron con moitas gañas, tiveron a primeira toma de contacto co corpo técnico nunha charla informativa previa.
O Director da Fundación Breogán, Salva Arco como máximo representante da selección e os adestradores do conxunto, Carlos Novo e Nerea Vieites, explicaron aos xogadores cales serán as directrices e o que agardan deles nesta competición.
Basicamente será que se esforcen como están a facelo ata o de agora e que representen con orgullo ás dúas institucións e a todo o baloncesto lucense.
Dende a Fundación Breogán queremos agradecer fondamente a predisposición de tódolos clubs que permiten que os seus xogadores participen neste combinado e facer extensivo este agradecemento aos propios xogadores, polo esforzo que están a facer (os seleccionados e os que quedaron fora da convocatoria final) e ás súas familias.
Segundo adestramento Equipo Fundación Breogán / C.B. Breogán Fase Previa Mini Copa Endesa 2023 (15/11/2023).
Continúan os adestramentos do equipo que representará á Fundación Breogán e ao C.B. Breogán na #minicopaendesa os vindeiros 6, 7 e 8 de decembro en Tarragona.
Queremos agradecer ao Colexio de Fingoi as facilidades á hora de poñer a disposición dos nosos rapaces as súas instalacións deportivas.

www.colexiofingoi.com