FASE PREVIA MINI COPA ENDESA 2024

 

Os mellores xogadores de categoría infantil da provincia de Lugo tiveron a oportunidade de vivir, por cuarto ano consecutivo, unha experiencia única para calquera amante do baloncesto.

A Fundación Breogán representou ao C.B.Breogán na fase previa da Mini Copa Endesa da tempada 2024/2025.

Considerada como unha das máis prestixiosas e mediáticas competicións de formación do baloncesto español, unha selección de xogadores de toda a provincia de Lugo tiveron a oportunidade de participar e buscar un posto na fase final da MINI COPA ENDESA.

Unha experiencia única e inesquecible para calquera xogador e na que os nosos rapaces volveron a amosar a súa capacidade de loita.

Ligazón de acceso ao formulario de inscrición para o adestramento pre-selección.  (Inscricións pechadas)

 

FILA SUPERIOR: Paula Abuin, Xandre Valcarcel, Aram Mosquera, Brais Núñez, David Prado, Hugo Santos, Iker Bouzas e Chisco López. FILA INFERIOR: Alejandro Abelló, Hugo Fernández, Bruno Fernández, Diego Cortizas, Manuel Real e Mateo Quintela.
Corpo técnico da Fase Previa da Minicopa Endesa.
Estamos moi contentos de anunciar que Chisco López, do Franciscanos Lugo, e Paula Abuín, do Estudiantes Lugo, liderarán o corpo técnico que representará ao C.B. Breogán e á Fundación Breogán na fase previa da Minicopa Endesa 2024.
Ambos adestradores, novos e con gran proxección, encarnan á perfección os valores que buscamos transmitir aos nosos xogadores: traballo en equipo, esforzo, respecto e deportividade. Valores esenciais para competir na máis prestixiosa competición de baloncesto de formación a nivel nacional!
 
 

Equipo Fundación Breogán, protagonista por cuarto ano consecutivo na fase previa da Minicopa Endesa.

O equipo Fundación Breogán reafirmou a súa presenza na elite do baloncesto de formación ao participar, por cuarto ano consecutivo, na fase previa da Minicopa Endesa. Esta cita converteuse nun fito anual para o baloncesto de base, onde os mellores equipos de España compiten polo soño de acceder á fase final deste prestixioso torneo.
Representando ao C.B. Breogán e a toda a provincia de Lugo, os xogadores do Fundación Breogán demostraron unha vez máis o seu compromiso, talento e paixón polo baloncesto. Son un fiel reflexo do espírito de loita e a actitude que caracteriza ao C.B. Breogán e ao breoganismo, valores que están presentes en cada acción e que elevan o nome da nosa terra a nivel nacional.
A Minicopa Endesa non só é unha competición, senón tamén unha oportunidade única para que os máis novos vivan unha experiencia inesquecible, compartindo pista cos mellores equipos de España e aprendendo valores fundamentais como o traballo en equipo, a perseveranza e o respecto.
 
Desde a Fundación Breogán, agradecemos o apoio incondicional da afección e das familias, que foron unha parte esencial deste camiño. A ilusión segue intacta, e con cada participación, #osrapaces seguen a desmostrar que o futuro do baloncesto en Lugo está cheo de posibilidades.