I TORNEO 3X3 TOUR TALENTO

 

 

 

 

Evento deportivo organizado polo CONCELLO DE LUGO, baixo a coordinación da Fundación Breogán e o C.B. Breogán.

O “Tour do Talento” é unha xira anual que percorre diferentes cidades de España con múltiples eventos enfocados á xuventude nos que poderán construir o seu futuro profesional, potenciar aquilo que os fai únicos.

A cidade de Lugo acollerá do 2 ao 7 de maio deste 2023 o paso do “Tour do Talento” pola Comunidade de Galicia, desenvolvéndose neses días debates, presentacións, conferencias, talleres, eventos deportivos, espectáculos e exposicións, entre as máis de 150 actividades programadas.

Ligazón á web do Tour do Talento: preme aquí.

 

Dentro destas actividades, o Concello de Lugo, baixo a coordinación da Fundación Breogán e o C.B. Breogán, organiza o I Torneo 3X3 Tour Talento Lugo.

Características da competición:

  • Data: 6 de maio de 2023.
  • Horario: de 11:00 a 20:00 h.
  • Ubicación: Tramo pechado Avda. Ramón Ferreiro / Horta do Seminario.
  • Número de pistas: 4 para o Torneo e 1 para o concurso de triplas.
  • Categorías: Cadete / Junior Masculino – Cadete / Junior Feminino – Senior.
  • Colexiados da FEGABA.
  • Inscrición de balde.
  • Número máximo de xogadores: 4 por equipo.
  • Seguro de RC e de accidentes.

 

Formulario de inscrición preme aquí.

Regulamento oficial 3X3 Tour Talento preme aquí.

Gañadores das 3 categorías:

  • Trofeo CONCELLO DE LUGO Campión.
  • Medallas Campións.
  • 4 invitacións ao Palco VIP da Fundación Breogán para un partido do C.B. Breogán da tempada 23/24 (a escoller pola organización).
  • 1 camiseta de xogo oficial do C.B. Breogán asinada polo equipo.
  • 4 balóns asinados pola plantilla do C.B. Breogán tempada 22/23.

Segundos clasificados das 3 categorías:

  • Medallas de Subcampións.
  • 4 invitacións no Fondo Estadio para un encontro do C.B. Breogán tempada 23/24 a escoller (quedan excluídos os encontros nos que sexa día de club).
  • 4 gorras merchandising oficial C.B. Breogán.

Unha das competicións paralelas ao Torneo 3X3 será o Concurso de DJ.

Realizarase durante todo o evento e estará protagonizado por 4 DJ semiprofesionais.

O formato será o seguinte:

  • Os 4 DJ “pincharán” durante 1 hora cada un durante o transcurso de todo o evento. Subiranse publicacións ás redes sociais da Fundación Breogán dando a coñecer a cada un dos DJ.
  • As semifinais terán lugar pola tarde. Coincidirán coas fases finais do Torneo de baloncesto. Cada un realizará unha sesión de 10 minutos, coincidindo co tempo dos encontros. A través da conta de Twitter da Fundación Breogán, o público escollerá aos 2 finalistas.
  • Os dous clasificados para a final, acturán de novo durante as finais do Torneo. Un membro do Concello de Lugo escollerá un tema vinculado ao C.B. Breogán que os DJ terán que incorporar na súa sesión. A votación farase a través de Instagram, cunha nova enquisa. O DJ con máis votos será o gañador do concurso.

 

Cartel oficial do Concurso preme aquí.

Regulamento do concurso preme aquí.

Premios para o gañador:

  • Trofeo CONCELLO DE LUGO.
  • DJ nunha das Fan Zone do C.B. Breogán que realizará durante este 2023.
  • Dúas invitacións ao PALCO VIP a pé de pista para un encontro do C.B. Breogán durante a tempada 23/24 a elexir (quedan excluídos os encontros nos que sexa día de club).
  • Lote de produtos do merchandising do C.B. Breogán.

 

Premios para o segundo:

  • Trofeo CONCELLO DE LUGO.
  • Lote de produtos do merchandising do C.B. Breogán.
  • Dúas invitacións para Fondo Estadio para un encontro do C.B. Breogán durante a tempada 23/24 a elexir (quedan excluídos os encontros nos que sexa día de club).

Para completar a oferta lúdico – deportiva, celebrarase un CONCURSO DE TRIPLAS.

Destinarase unha única pista para este concurso, que estará dispoñíbel durante todo o torneo. A canastra estará situada á altura regulamentaria de 3,05 m. Cada participante lanzará un total de 10 triplas, dende tres posicións xa delimitadas pola organización. En cada posición haberá 3 balóns, a súa anotación terá un valor de 1 punto. A maiores, os inscritos poderán empregar o balón Tour Talento Lugo 2023, un balón especial que poderán lanzar dende calquera das 3 posicións e terá unha anotación de 3 puntos.

Estará aberto a todo o mundo que desexe participar, participantes ou non no torneo e para tódalas idades.

A inscrición será gratuita e realizarase no lugar do evento e o mesmo día.

Levarase a cabo durante todo o día, quedando as semifinais e as finais para o derradeiro tramo do evento.

 

Regulamento do concurso preme aquí.

Campión:

  • Trofeo CONCELLO DE LUGO.
  • 1 camiseta de xogo oficial do C.B. Breogán asinada por todo o equipo.
  • 1 gorra merchandising oficial do C.B. Breogán.

Subcampión:

  • Trofeo CONCELLO DE LUGO.
  • Camiseta de algodón merchandising oficial do C.B. Breogán.

 

 

I TORNEO 3X3 TOUR TALENTO LUGO 2023.

A pesar de que dende o equipo de organización e por mor da ameaza de chuvia, tivemos que cambiar o emplazamento que inicialmente estaba previsto (Praza Horta do Seminario), a xornada transcurríu de xeito espectacular nas fantásticas instalacións deportivas cedidas polo Colexio Diocesano San Lorenzo.

26 equipos gozaron de 10 horas de baloncesto 3X3, nunha actividade certamente ilusionante para os amantes do baloncesto lucense.

 

CONCURSO DE DJ E PLATAFORMA 360.

Paralelamente á actividade propiamente deportiva, tamén tivo lugar o concurso de DJ, onde 4 recoñecidos DJ lucenses, "competiron" e sobre todo amenizaron as competicións nunha sesión "non-stop" durante todo o día.

Na plataforma 360 os nosos equipos participantes fixeron o seu particular vídeo, que logo levarían como recordo deste intenso día.

 

ENTREGA DE PREMIOS E AGASALLOS.

Rematamos o día coa entrega de premios para os gañadores e subcampións do Torneo 3X3, do Concurso de Triplas e do Concurso de DJ.

Facendo entrega dos mesmos, contamos coa presenza do Sr. Concelleiro de Xuventude e Deportes do Concello de Lugo, D. Mauricio Repetto.