III TORNEO 3X3 NA RÚA

III Edición do "Torneo 3X3 Na Rúa" para categorías inferiores.

O día 22 de xuño tivo lugar o III Torneo 3X3 Na Rúa da Fundación Breogán. Un torneo de baloncesto na modalidade 3X3, dirixido ás categorías inferiores (de 9 a 18 anos) no que contamos coa colaboración da XUNTA DE GALICIA e que tivo como escenario novamente as pistas exteriores do Pazo Dos Deportes de Lugo.

Por terceiro ano consecutivo, o Torneo volveu a ser un éxito total, tanto de asistencia de público como de número de participantes, xa que este ano o número de conxuntos inscritos acadou un novo récord, situándose en máis de 30 e cun total de máis de 130 participantes.

REGULAMENTO.

Galería fotográfica do Torneo preme aquí.

Ligazón ao formulario de inscrición, preme aquí.