INCLUSIÓN +XTI

 

 

INCLUSIÓN +XTI é un programa socioeducativo desenvolvido en Lugo pola Fundación Breogán orientado á prevención de condutas de risco e á promoción da inclusión social de menores e mocidade en situación de vulnerabilidade.

A iniciativa combina dúas liñas de intervención complementarias. Por unha banda, un programa de inclusión deportiva a través da práctica de baloncesto, fútbol sala e boxeo, empregando o deporte como ferramenta para fomentar hábitos saudables, o traballo en equipo, a disciplina e a autoestima. Por outra, un programa reeducativo e de concienciación baseado en obradoiros socioeducativos, nos que se traballan habilidades para a vida como a xestión emocional, a comunicación, o pensamento crítico e a resolución de conflitos, incorporando tamén a expresión creativa a través do rap como vehículo de participación e cohesión.

INCLUSIÓN +XTI ofrece un espazo seguro e estruturado onde a mocidade pode desenvolver o seu potencial, reforzar a súa identidade e construír alternativas positivas de lecer, contribuíndo así á mellora da convivencia e á integración social.

O proxecto está financiado polo Concello de Lugo a través da Concellería de Xuventude e Deportes, e intégrase nas liñas de actuación do Plan Nacional sobre Drogas do Ministerio de Sanidade, orientadas á prevención e á promoción de estilos de vida saudables na mocidade.

Un programa que suma deporte, educación e oportunidades para transformar realidades.

 

INCLUSIÓN +XTI entra na súa recta final!

Tras varias semanas compartindo experiencias, aprendizaxes e moitos bos momentos, seguimos avanzando con paso firme cara ao peche do programa.

O compromiso, a participación e a implicación dos rapaces e rapazas están a converter esta iniciativa nun espazo de referencia onde medrar, convivir e descubrir novas oportunidades 💪

🤝 Grazas a Fundación Secretariado Gitano e Fundación Dignidade pola súa colaboración.

📌 O proxecto está financiado polo @concellolugo a través da Concellería de @xuventudedeporteslugo, e intégrase nas liñas de actuación do Plan Nacional sobre Drogas do Ministerio de Sanidade, orientadas á prevención e á promoción de estilos de vida saudables na mocidade.

SÉTIMA SEMANA DE INCLUSIÓN +XTI

Outra semana máis de traballo, onde o deporte e a educación seguen sendo a nosa ferramenta de cambio 💪

Comezamos coa intensidade do boxeo no Boxing Club Lugo 🥊, pasamos á canastra co adestramento de baloncesto 🏀 e pechamos cun espazo de reflexión e aprendizaxe no obradoiro de educación social con María Piñeiro 🧠.

Unha semana que volve demostrar que o proceso vai moito máis alá da actividade: constrúe hábitos, confianza e oportunidades 🙌

🤝 Agradecementos á Fundación Secretariado Gitano e á Fundación Dignidade pola súa colaboración constante.

📌 Proxecto financiado polo @concellolugo a través da Concellería de @xuventudedeporteslugo, integrado nas liñas do Plan Nacional sobre Drogas do Ministerio de Sanidade, orientado á prevención e á promoción de estilos de vida saudables na mocidade.

Unha semana máis seguimos sumando experiencias en INCLUSIÓN +XTI

⚽ O fútbol sala volveu deixar grandes momentos de compañeirismo e diversión.
🏀 O baloncesto segue reforzando o esforzo e o traballo en equipo.
🎤 E no obradoiro de rap, a creatividade volveu ser protagonista da man de Samuel del Árbol.

Pequenos pasos que axudan a construír confianza, convivencia e novas oportunidades.

🤝 Grazas a Fundación Secretariado Gitano e Fundación Dignidade.

📌 O proxecto está financiado polo @concellolugo a través da Concellería de @xuventudedeporteslugo, e intégrase nas liñas de actuación do Plan Nacional sobre Drogas do Ministerio de Sanidade, orientadas á prevención e á promoción de estilos de vida saudables na mocidade.

 

Quinta semana de INCLUSIÓN +XTI

Seguimos avanzando en INCLUSIÓN +XTI!

Esta semana combinamos esforzo, aprendizaxe e traballo en grupo a través de novas sesións de:

🥊 Boxeo educativo.
🏀 Baloncesto.
🧠 Obradoiro de educación social.

Cada actividade convértese nun espazo para compartir, medrar e adquirir ferramentas positivas para o día a día 🙌

🤝 Grazas a Fundación Secretariado Gitano e Fundación Dignidade.

📌 O proxecto está financiado polo @concellolugo a través da Concellería de @xuventudedeporteslugo, e intégrase nas liñas de actuación do Plan Nacional sobre Drogas do Ministerio de Sanidade, orientadas á prevención e á promoción de estilos de vida saudables na mocidade.

Cuarta semana de INCLUSIÓN +XTI 

⚽ Fútbol sala xunto aos amigos do ADC LugoSala
🏀 Seguimos avanzando co baloncesto
🎤 Nova sesión de rap con Samuel del Árbol, traballando creatividade e expresión

Unha semana máis combinando deporte e educación en Lugo 💪

🤝 Grazas a Fundación Secretariado Gitano e Fundación Dignidade

📌 O proxecto está financiado polo @concellolugo a través da Concellería de @xuventudedeporteslugo, e intégrase nas liñas de actuación do Plan Nacional sobre Drogas do Ministerio de Sanidade, orientadas á prevención e á promoción de estilos de vida saudables na mocidade.

Terceira semana de INCLUSIÓN +XTI rematada

🥊 Volvemos ao boxeo para traballar o control e a disciplina.
🏀 O baloncesto segue reforzando equipo e compromiso.
🧠 Nova sesión de educación social centrada en reflexión e aprendizaxe.

Un paso máis construíndo hábitos saudables e novas oportunidades en Lugo 💪

🤝 Grazas a Fundación Secretariado Gitano e Fundación Dignidade.

📌 O proxecto está financiado polo @concellolugo a través da Concellería de @xuventudedeporteslugo, e intégrase nas liñas de actuación do Plan Nacional sobre Drogas do Ministerio de Sanidade, orientadas á prevención e á promoción de estilos de vida saudables na mocidade.

Segunda semana de INCLUSIÓN +XTI 

⚽ Luns: sesión de fútbol sala cos amigos de LugoSala.
🏀 Martes: nova xornada de baloncesto coa Fundación Breogán
🎤 Mércores: primeiro obradoiro de rap con Samuel del Árbol, onde os rapaces e rapazas estrearon as súas libretas para escribir as súas mellores rimas ✍️🔥

Seguimos medrando a través do deporte e a creatividade en Lugo 🙌

🤝 Grazas a Fundación Secretariado Gitano e Fundación Dignidade.

📌 O proxecto está financiado polo @concellolugo a través da Concellería de @xuventudedeporteslugo, e intégrase nas liñas de actuación do Plan Nacional sobre Drogas do Ministerio de Sanidade, orientadas á prevención e á promoción de estilos de vida saudables na mocidade.

Primeira semana de INCLUSIÓN +XTI completada

Arrancamos con moita enerxía 💪
🥊 Luns: sesión de boxeo co Boxing Club Lugo.
🏀 Martes: adestramento de baloncesto cos técnicos da Fundación Breogán.
🧠 Mércores: taller de educación social con María Piñeiro.

Seguimos sumando deporte, aprendizaxe e oportunidades en Lugo 🙌

🤝 Grazas a Fundación Secretariado Gitano e Fundación Dignidade pola colaboración.

📌 O proxecto está financiado polo @concellolugo a través da Concellería de @xuventudedeporteslugo, e intégrase nas liñas de actuación do Plan Nacional sobre Drogas do Ministerio de Sanidade, orientadas á prevención e á promoción de estilos de vida saudables na mocidade.

📍 Lugar de desenvolvemento:

  • CEIP Anexa e O Palomar.
  • CIEMA Lugo.

📅 Duración:
3 meses


🔹 ESTRUTURA DA ACTIVIDADE

🏀 Programa de inclusión deportiva (3 h/semana):

  • Baloncesto.
  • Fútbol sala (semanas alternas).
  • Boxeo educativo (semanas alternas).

🧠 Programa reeducativo e de concienciación (1,5 h/semana):

  • Talleres de prevención de condutas de risco. (semanas alternas)
  • Talleres creativos a través do rap. (semanas alternas)

⭐ ACCIÓNS COMPLEMENTARIAS

  • 🤝 Encontro con referentes deportivos
  • 🏆 Xornada deportiva inclusiva

👥 Persoas destinatarias:
Mocidade en situación ou risco de exclusión social

👤 Nº de participantes:
15–30 persoas (estimado)


🎯 Obxectivo principal:
Promover a inclusión social, a prevención de condutas de risco e o desenvolvemento persoal a través do deporte e da educación


💰 Financiamento:
Actividade financiada polo Concello de Lugo a través da Concellería de Xuventude e Deportes, no marco do Plan Nacional sobre Drogas do Ministerio de Sanidade