INTEGRA

· QUE É INTEGRA?
INTEGRA é un proxecto da Fundación Breogán, en colaboración coa UNED Lugo, que conecta o deporte co traballo das entidades sociais. A través do baloncesto, apoiamos oas equipos Special Olympics de varias entidades lucenses.
Nesta nova etapa, o proxecto amplía a súa rede de colaboracións para chegar a máis equipos e colectivos.
· COMO SUMAMOS?
INTEGRA quere estar presente tanto na actividade deportiva como na vida social das entidades participantes. Facémolo promovendo experiencias compartidas, visitas ao Pazo dos Deportes, actividades deportivas e sociais e apoio ás súas propias iniciativas.
A Fundación Breogán pon tamén a disposición do proxecto a súa capacidade de comunicación e difusión, dando visibilidade ás causas sociais, impulsando accións solidarias e recoñecendo a implicación de cada entidade na construción dunha sociedade máis inclusiva.
· QUE QUEREMOS CONSEGUIR?
Queremos que o deporte abra novas oportunidades, favoreza a autonomía persoal e contribúa a mellorar a calidade de vida. Que o vínculo entre a Fundación Breogán e as entidades sociais se traduza en experiencias compartidas, maior visibilidade e novas formas de colaboración.
INTEGRA aspira a consolidar unha rede de apoio que medre co tempo, fortalezca o tecido social e devolva á comunidade parte de todo o que esta achega ao baloncesto.
INTEGRA medra
Entidades participantes nesta nova etapa:
ASPNAIS Lugo
Centro San Vicente de Paúl
ASPANANE Viveiro
Fundación Eu Son de Burela
Asociación PRODEME Monforte
CAPD Sarria
O equipo de baloncesto 𝗦𝗽𝗲𝗰𝗶𝗮𝗹 𝗢𝗹𝘆𝗺𝗽𝗶𝗰𝘀 da 𝗔𝘀𝗼𝗰𝗶𝗮𝗰𝗶ó𝗻 𝗣𝗿𝗼𝗱𝗲𝗺𝗲 xa ten a súa equipación para acudir á #copacampeones da @acbcom, organizada pola @fundacion_acb.
A entrega tivo lugar no Pazo dos Deportes, coa participación de @anntrsr, directora da @unedlugo; @salva_arco, director xeral do @cbbreogan; e Luis Abel Taboada, director da @fundacionbreogan. Tamén quixo achegarse o capitán celeste 𝗘𝗿𝗶𝗸 𝗤𝘂𝗶𝗻𝘁𝗲𝗹𝗮 para compartir este momento co equipo.
Un orgullo acompañar estes xogadores e xogadoras nunha cita tan especial. Grazas a @asociacion_prodeme e á UNED Lugo por sumar neste camiño.








