IV TORNEO 3X3 NA RÚA

IV Edición do "Torneo 3X3 Na Rúa" para categorías inferiores.

O día 21 de xuño terá lugar o IV Torneo 3X3 Na Rúa da Fundación Breogán. Un torneo de baloncesto na modalidade 3X3, dirixido ás categorías inferiores (de 9 a 18 anos) no que contamos coa colaboración da XUNTA DE GALICIA e que terá novamente como escenario novamente as pistas exteriores do Pazo Dos Deportes de Lugo.

Por cuarto ano consecutivo, agardamos que o Torneo sexa un éxito total, tanto de asistencia de público como de número de participantes, xa que nos pasados anos o número de conxuntos inscritos non fai máis que medrar

REGULAMENTO.

Ligazón ao formulario de inscrición, preme aquí. (pechadas)

 

Resumo fotográfico do 4º Torneo 3x3 na Rúa!

O pasado sábado 21 de xuño gozamos dunha intensa e emocionante tarde de baloncesto nas pistas exteriores do Pazo dos Deportes. Xogadoras e xogadores de todas as idades enchérono de paixón, talento e xogo limpo.
Unha auténtica festa do baloncesto base, onde o verdadeiro premio foi compartir, competir e medrar xuntos. 🏀💙
Grazas a todas as persoas participantes, familias, público e colaboradores por facer posible unha nova edición chea de vida e ilusión.
Porque neste torneo… gañamos todas e todos! 🙌
Celebramos o talento, o esforzo e os valores que fan grande ao noso deporte desde a base.
Queremos felicitar a todos os equipos participantes e, por suposto, aos campións e subcampións das distintas categorías:

🔹 Benxamín / Alevín
🏆 Campión: Pajarracos Amarillos
🥈 Subcampión: Los Tigres de Guachupita

🔹 Alevín / Infantil Feminino
🏆 Campión: Kiss
🥈 Subcampión: Chiscas

🔹 Alevín / Infantil Masculino
🏆 Campión: Samaritanos
🥈 Subcampión: Cidadiños

🔹 Cadete / Júnior
🏆 Campión: Chuela’s Boys
🥈 Subcampión: Maganes

💫 Tamén recoñecemos o talento individual dos nosos MVP’s desta edición:
🏅 Lois Fernández
🏅 María Rozas
🏅 David Prado
🏅 (Engadir nome aquí)

A entrega de premios, obra de @artesan3d, contou coa presenza do Delegado Territorial da Xunta de Galicia, Javier Arias Fouz, a quen agradecemos o seu apoio ao deporte de base.

⚡ Grazas a todas as persoas que fixestes posible esta edición! Seguimos medrando xuntos polo baloncesto.