LIGA DE BOCCIA

A Fundación Breogán, co patrocinio do Concello de Lugo, pon en marcha na tempada 2026/2027 a Liga de Boccia, unha iniciativa pioneira na cidade de Lugo que nace co obxectivo de promover a inclusión, a participación e a igualdade de oportunidades a través do deporte.
Este novo proxecto reunirá a asociacións e colectivos lucenses nunha competición adaptada que vai moito máis alá dos resultados deportivos. A liga converterase nun espazo de encontro, convivencia e desenvolvemento persoal, onde as persoas participantes poderán compartir experiencias, establecer novas relacións e formar parte dunha actividade continuada ao longo da tempada.
A boccia é un deporte que destaca pola súa accesibilidade e pola súa capacidade para fomentar valores como o respecto, o compañeirismo, a superación persoal e o traballo en equipo. A través desta disciplina, a Fundación Breogán continúa reforzando o seu compromiso coa inclusión social e coa promoción da actividade física entre todas as persoas, independentemente das súas capacidades.
A competición desenvolverase entre os meses de setembro de 2026 e xuño de 2027, contando coa participación de preto de vinte equipos pertencentes a asociacións e colectivos da cidade de Lugo.
A Liga de Boccia aspira a converterse nun referente do deporte inclusivo na nosa cidade, creando unha rede de colaboración entre entidades e demostrando que o deporte é unha poderosa ferramenta de integración, participación e transformación social.
Proxecto no que colabora LECER_AV.
Xa temos os primeiros resultados da 1ª Liga de Boccia · Concello de Lugo.
A competición botou a andar cunha xornada chea de emoción, reencontros, ilusión e moitas ganas de seguir medrando xuntos a través do deporte.
Máis aló dos marcadores, esta liga nace para crear espazos de participación, convivencia e inclusión entre asociacións e colectivos da nosa cidade.
Consulta os resultados da xornada e prepárate para a seguinte cita.
Patrocina: Concello de Lugo
Colabora: LECER_AV








