LIGA SENIOR 3X3
I Edición da "Liga Senior 3X3" da Fundación Breogán.
Despois de moitos anos, a Fundación Breogán trouxo a Lugo a I Liga Senior 3x3. Unha Liga Senior (maiores de 30 anos) en formato 3x3 que tivo lugar os días 20 e 27 de maio, 3, 17 e 25 de xuño, na pista principal do Pazo Dos Deportes.
Durante os catro primeiros días de competición, os máis de 60 participantes, déronse cita cada venres ás 20:30 para iniciar os seus encontros. Unha liga con 72 partidos en total, competición de triplas, unhas instalacións de primeiro nivel e con todos os alicicerces para gozar do baloncesto no seu máximo esplendor. Árbitros, oficiais de mesa, balóns específicos para esta modalidade, equipacións personalizadas para todolos iscritos… e un terceiro tempo, cortesía do Grupo Terras de Lugo, no que relaxarse despois das duas horas de encontros, recuperar enerxía e compartir bos momentos entre todolos participantes.
Para o derradeiro día, o 25 de xuño, reserváronse las semifinais e finais da Liga 3x3 e o concurso de triplas. Un día que inicialmente debería de terse celebrado na Praza de Augas Férreas, rematou levándose a cabo, por motivos meteorolóxicos, nas instalacións anexas ó Pazo Dos Deportes. Con máis de 200 persoas gozando nas bancadas dos distintos encontros, Pista Floja alzóuse co título da I Liga Senior 3x3 e Mario Fernández foi o gañador do concurso de triplas.
Premios, trofeos e recoñecementos individuais clausuraron esta I Liga Senior 3x3 da Fundación Breogán. Foron os propios membros da organización, xunto a Jesús García (representante de Río de Galicia), Alfonso Orol (Patrón da Fundación Breogán), Javier Morandeira (representante de Delicias y Vinos) e Salva Arco (Director da Fundación Breogán) os encargados da súa entrega.