LUZ Ó DEPORTE

 

 

 

De Setembro a Decembro de 2022.

 

 

O proxecto LUZ Ó DEPORTE estivo patrocinado por ABANCA e a XUNTA DE GALICIA, e constou de 5 charlas que levaron a cabo profesionais do deporte no Outono de 2022.

As conferencias tiveron lugar no Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Lugo, e nelas coñecimos en primeira persoa as experiencias perosais destes deportistas de élite.

 

A Fundación Breogán pretende ser a plataforma perfecta para que, utilizando a relevancia e impacto que supón o C.B. Breogán para a sociedade lucense, ser o referente no fomento e divulgación dos valores inherentes ó deporte e ser inclusivos acadando que todos teñamos as mesmas posibilidades e oportunidades para realizarnos.

Como obxectivos, e dentro da nosa parcela deportiva, pretendemos fomentar e inculcar os valores do deporte entre tódolos sectores da sociedade lucense. Divulgar e promover o deporte co fin de acadar hábitos saudables de práctica deportiva, entendendo sobre todo, a importancia que teñen os máis novos neste contexto.

E é por isto que LUZ Ó DEPORTE busca empregar o deporte e os seus protagonistas como una ferramenta para dar a coñecer todo o que agacha o deporte de élite.

Ser testemuñas en primeira persona das experiencias e viviencias de deportistas e ex deportistas de primeiro nivel para educar, orientar e influir positivamente na conducta dos adolescentes.

LUZ Ó DEPORTE constou de 5 charlas para adolescentes, entre 12 e 18 anos, nas que se deu visibilidade a certos temas tabúes no mundo do deporte profesional. Ó mesmo tempo, quixemos poñer en alza todos aqueles valores e actitudes que poden influir de maneira positiva na súa educación.

As charlas realizáronse durante o inicio do curso 22/23, unha charla ó mes durante setembro, outubro, novembro e decembro. Foron conducidas por María Nieto, Licenciada en Ciencias da Comunicación e a Información, con formación complementaria en Relacións Públicas, Organización de Eventos, Comunicación Corporativa e Comunicación Dixital, e leváronse a cabo no salón de actos do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Lugo.

Os relatores e os temas a tratar foron:

 

  • IÑAKI ZUBIZARRETA – 19  de Setembro – Renderse xamáis é unha opción.
  • TITO MARGARIDE – 17 de Outubro – Cumprir un soño a pesares do destino.
  • SARA ÁLVAREZ – 14 de Novembro – Acadar o cumio nun deporte minoritario.
  • ERIK E SERGI QUINTELA – 14 de Decembro – Profetas na súa terra.

Os centros educativos que participaron desta actividade foron:

 

  • IES LEIRAS PULPEIRO.
  • IES SANXILLAO.
  • IES MURALLA ROMANA.
  • IES ÁNXEL FOLE.