MIÑO VIVO

MIÑO VIVO é unha iniciativa de educación ambiental impulsada pola Fundación Breogán co patrocinio da UNED Lugo, destinada a promover o coñecemento, a participación e a conexión coa natureza na contorna da Reserva da Biosfera Terras do Miño.
O proxecto nace coa vontade de traballar xunto a asociacións e colectivos de Lugo a través de experiencias vivenciais no exterior, combinando aprendizaxe, sensibilización ambiental e creación colectiva.
As sesións desenvolveranse na contorna do río Miño mediante dinámicas participativas centradas na observación da biodiversidade, a identificación da flora autóctona, a escoita activa da natureza e a elaboración dun mural colaborativo con elementos naturais recollidos durante a actividade.
A primeira actividade celebrarase o 12 de xuño.
MIÑO VIVO aposta por unha educación ambiental inclusiva, activa e conectada co territorio, poñendo en valor a riqueza natural e ecolóxica dunha das reservas da biosfera máis importantes da Península Ibérica.
- 12 xuño - RAIOLAS
- 16 xuño - DANO CEREBRAL LUGO
- 17 xuño - H.U.L.A.
- 18 xuño - ASPNAIS
- 19 xuño - SAN VICENTE DE PAUL
- 23 e 26 xuño - COGAMI
- 26 xuño - GRAZAS AVÓS
- 30 xuño - DOWN LUGO
DOWN LUGO - 30 xuño 2026
Cada saída ao río Miño é unha oportunidade para descubrir algo novo. Nesta ocasión, as persoas usuarias de Down Lugo participaron nunha nova xornada de “Miño Vivo”, explorando a riqueza natural da Reserva da Biosfera Terras do Miño.
Ao longo do percorrido, as persoas participantes achegáronse á biodiversidade da contorna a través da observación e da interacción directa co medio natural, compartindo unha experiencia de aprendizaxe e desfrute ao aire libre.
A actividade estivo guiada por Alejandro Rodríguez, da Oficina Verde dos Centros Asociados da UNED de Lugo, dentro do proxecto #LugoNaturalMente.
Unha nova sesión na que a natureza volveu converterse nun espazo de encontro, participación e descubrimento. 🌿






SAN VICENTE DE PAÚL - 19 xuño 2026
O proxecto “Miño Vivo” continua o seu percorrido pola Reserva da Biosfera Terras do Miño xunto ás persoas usuarias do Centro San Vicente de Paúl.
A xornada permitiu gozar dunha experiencia ao aire libre nun espazo de gran valor ambiental, fomentando a participación, a observación da contorna e o intercambio de vivencias arredor da natureza.
Como nas sesións anteriores, a actividade estivo guiada por Alejandro Rodríguez e Jessica Fernández, da Oficina Verde dos Centros Asociados da UNED de Lugo, dentro do proxecto #LugoNaturalMente.
“Miño Vivo” segue sumando experiencias que achegan a riqueza natural do río Miño a diferentes entidades sociais da provincia, promovendo unha educación ambiental inclusiva e conectada co territorio.




ASPNAIS - 18 xuño 2026
A contorna do río Miño converteuse nun espazo de descuberta e participación para as persoas usuarias de ASPNAIS, que esta semana se sumaron ao proxecto “Miño Vivo”.
Durante a actividade, as persoas participantes tiveron a oportunidade de explorar a riqueza natural da Reserva da Biosfera Terras do Miño a través da observación da flora e da fauna, compartindo impresións e experiencias nunha xornada ao aire libre.
A sesión foi conducida por Alejandro Rodríguez e Jessica Fernández, da Oficina Verde dos Centros Asociados da UNED de Lugo, dentro do programa #LugoNaturalMente.
Unha nova oportunidade para achegar a natureza ás persoas e seguir construíndo espazos de aprendizaxe, inclusión e participación activa.







Dano Cerebral Lugo - 16 xuño 2026
Continúan as actividades de “Miño Vivo” na Reserva da Biosfera Terras do Miño.
Nesta ocasión, a xornada desenvolveuse da man de persoas usuarias de Dano Cerebral Lugo, que participaron nunha experiencia de conexión coa natureza, observación da biodiversidade e creación colectiva ao carón do río Miño.
A actividade estivo novamente guiada por Alejandro Rodríguez e Jessica Fernández, da Oficina Verde dos Centros Asociados da UNED de Lugo, dentro do proxecto #LugoNaturalMente.
Un encontro no que natureza, aprendizaxe e inclusión volveron a camiñar xuntas nun mesmo espazo.






RAIOLAS - 12 xuño 2026
Nace “Miño Vivo”, un novo proxecto de educación ambiental na Reserva da Biosfera Terras do Miño, impulsado pola Fundación Breogán e a UNED de Lugo.
A primeira actividade reuniu a persoas usuarias de Raiolas nunha xornada de contacto coa natureza, aprendizaxe e inclusión no entorno do río Miño. A iniciativa busca fomentar a participación social, o coñecemento da biodiversidade e o coidado do patrimonio natural de Lugo.
Durante este mes, “Miño Vivo” continuará con máis sesións xunto a diferentes entidades sociais como ASPNAIS, COGAMI, Down Lugo ou o Hospital Universitario Lucus Augusti, entre outras.
Un proxecto que une natureza, inclusión e comunidade dentro do espírito de #LugoNaturalMente





