Novas

Ningún Aro Sen Rede (24/25) – CPI Uxío Novoneira – Pedrafita do Cebreiro

Cheos de ilusión, seguimos percorrendo os Ancares lucenses e, nesta ocasión, visitamos o CPI Uxío Novoneira en Pedrafita do Cebreiro. Unha xornada chea de enerxía e compromiso!

Recibíronnos os profesores Ana Mendaña e Benja Longarela, quen ademais é o director do centro.

Ao igual que na primeira parada, Luis Abel Taboada, da Fundación Breogán, e Alejandro Rodríguez, da UNED Lugo, explicaron ao alumnado os detalles do proxecto Ningún Aro Sen Rede e do concurso de reciclaxe.

Ver as canastras decoradas con redes recicladas é un recordatorio visual de como os pequenos cambios poden marcar a diferenza. Grazas a tod@s por sumárvos a esta iniciativa!