NINGÚN ARO SEN REDE

 

 

 

 

Un proxecto da Fundación Breogán, en colaboración coa UNED Lugo e Ecoballution.

Nace dunha idea moi sinxela, acadar as sinerxias precisas para proveer a aqueles centros escolares que así o demanden de redes de baloncesto artesanais, recicladas e sostibles.

Unha pequena acción que, mediante o seu desenrolo e execución, quere ser exemplo de economía circular, respetando e fomentando alguns dos principios e valores da Axenda 2030 da ONU. Para isto, tanto as características coma os obxectivos deste proxecto son moi claros:

  • Dotar a todos aqueles centros que así o soliciten de redes de baloncesto artesanais, recicladas e sostibles (Econet Baloncesto Oficial de ECOBALLUTION). En base a nosa experiencia nas visitas a colexios e como expertos en baloncesto, detectamos que hai moitos centros escolares que no dispoñen de redes para as súas canastras ou que están deterioradas. Se queremos contribuir a garantir unha vida sa e promover o benestar en todalas idades, algo que é esencial, nunha sociedade cada vez máis sedentaria e na que os índices de obesidade infantil son cada vez máis elevados e preocupantes, temos que incentivar e proporcionar ós nosos xóvenes as mellores condicións para que poidan desenrolar as súas habilidades. Por isto, estamos convencidos de que coa mellora das súas instalacións para a práctica deportiva, no noso caso as canastras, contribuiremos a que teñan más alicientes para desenrolarse no mundo do deporte. Obxectivo de Desenrolo Sostible da ONU número 3.
  • Fomentar a reciclaxe, a reutilización e o consumo responsable. Cada centro de ensinanza que se subscriba a este proxecto, deberá de facelo cunhas condicións. Porque outro dos nosos obxetivos é concienciar ós máis novos da importancia das actividades de prevención, reducción, reciclaxe e reutilización. Para isto, proporcionaremoslles unha serie de envases que lles servirán para a reciclaxe de material escolar. Unha reciclaxe que se levará a cabo gracias ó programa de reciclaxe de TERRACYCLE. Obxectivo de Desenrolo Sostible da ONU número 12.5.
  • Creación das alianzas e sinerxias indispensables para transmitir a nosa mensaxe, que chegue ó noso público obxectivo (todos aqueles escolares que son o futuro do noso planeta) e ser útiles. Para isto, xuntámonos a Fundación Breogán, UNED Lugo e ECOBALLUTION. Cada un dende a súa posición, imos ser os encargados de levar a cabo este proxecto. A Fundación Breogán como entidade executora, que promove e fomenta o baloncesto, o deporte e a vida sa. UNED Lugo, como centro de ensinanzas de referencia na provincia de Lugo e polo seu claro compromiso co medio natural, fomentando os valores e principios de sostibilidade recollidos na Axenda 2030 e no Pacto Verde Europeo. E finalmente ECOBALLUTION, a empresa encargada de suministrarnos cada unha das obras de arte en forma de rede de baloncesto fabricadas con redes procedentes de residuos mariños. Comprometidos co medio ambiente e ca sostibilidade, garanten o equilibrio entre crecemento económico, coidado do medio ambiente e benestar social.  Obxectivo de Desenrolo Sostible de la ONU número 14 e 17.

E con isto temos a total seguridade de poder contribuir a mellorar a  nosa sociedade. Primeiro concienciando ós máis novos, que son o noso futuro, da importancia da práctica deportiva e de levar unha vida sa. E segundo, de demostrarlles que é posible facelo coidando do noso entorno, do medio ambiente e aprendéndolles a importancia de reciclar, reutilizar e dun consumo responsable.

Programa de recollida de instrumentos de escritura.

 

26 Outubro 2022 - CPR DIVINO MAESTRO, LUGO.
2 Novembro 2022 - CEIP OTERO PEDRAYO, RÁBADE
3 Novembro 2022 - CEIP PLURILINGÜE MONTERROSO
18 Novembro 2022 - ESCOLA DE EDUCACIÓN INFANTIL FINGOI 2
2 Decembro 2022 - CEIP ROSALÍA DE CASTRO, LUGO
9 Decembro 2022 - COLEXIO DIOCESANO SAN LORENZO