O pasado domingo volvemos a vivir outro emocionante momento, cando no Pazo dos Deportes de Lugo, os participantes nos adestramentos do PROXECTO PERSOAS sairon ao centro da pista para recibir a ovación das bancadas postas en pé.
Dende a Fundación Breogán queremos agradecer as mostras de agarimo e o apoio que nos está a chegar pola realización desta actividade realizada grazas ao convenio coa Excma. Deputación de Lugo.
@s verdadeiros protagonistas son eles e elas, rapaces e rapazas que xunto coas súas familias loitan cada día por acadar unha integración plena na sociedade.
Moitas grazas!