PROXECTO A-VÓS

“Grazas A-Vós, somos o que somos”

 

Seguindo as premisas básicas que moven cada unha das accións da Fundación Breogán dende a súa constitución, en concreto a realización de actividades que favorezan a inclusión plena na sociedade a través das actividades deportivas, de aqueles colectivos que por calquera motivo corran risco de exclusión, xorde A-VÓS.

Un proxecto dirixido a persoas de máis de 65 anos e encamiñado a evitar todo tipo de illamento: social, dixital, emocional…

Nun mundo en constante cambio, recoñecemos a importancia de proporcionar un apoio significativo aos nosos maiores, aos nosos avós e avoas.

Coa poboación de adultos maiores en constante crecemento, o proxecto A-VÓS aborda as dinámicas demográficas e desafíos únicos que enfrontan as persoas maiores de 65 anos na nosa provincia.

 

 

 

Presentación oficial PROXECTO A-VÓS
O diario dixital 21NOTICIAS fíxose eco do noso proxecto.
Accede na seguinte ligazón á páxina da Fundación Clínica Dental Solidaria de Lugo
Nova tempada do Proxecto A-Vós, na que logo do éxito acadado na pasada, continuaremos desenvolvendo nas dúas residencias talleres de estimulación cognitiva e sesións de actividade física para favorecer e fomentar o envellecemento activo e saudable dos nosos “A-vós”.
Presentación oficial 2ª temporada PROXECTO A-VÓS - 2 outubro 2024
Javier Arias Fouz, Delegado Territorial da Xunta de Galicia, Óscar Viñas Penelas, Director da Consellería de Política Social, Águeda Valín, Directora da Residencia das Gándaras, Mª José Cortiñas, Directora da Residencia da Milagrosa e Luis Abel Taboada, Director da Fundación Breogán.