PROXECTO CRIS SEIJO

 

 

 

Presentamos o Proxecto CRIS SEIJO: baloncesto, inclusión e empoderamento para todas.

Grazas ao apoio do CEIP Anexa de Lugo e a Vicepresidencia da Deputación de Lugo, desde a Fundación Breogán lanzamos con ilusión o Proxecto CRIS SEIJO, unha iniciativa que abraza dúas vertentes fundamentais para fomentar o deporte, a inclusión e o empoderamento feminino en Lugo.

🔹 Vertente Deportiva


Apoiamos ao baloncesto feminino na súa máxima expresión, e enfocámonos especialmente no equipo de mulleres maiores de 35 anos. Se es unha muller apaixonada polo deporte e queres gozar da enerxía do baloncesto nun ambiente de compañeirismo, esperámoste. Tes unha cita todos os martes ás 20:00 horas no CEIP Anexa Lugo! Esta é unha oportunidade única para calquera muller maior de 35 anos que queira adestrar e formar parte dunha comunidade de veteranas unidas pola paixón ao deporte.

🔹 Vertente Social


En colaboración con Cruz Vermella de Lugo e Diaconía Lugo, ampliamos o alcance do proxecto a través dun enfoque social, ofrecendo a mulleres en situación de vulnerabilidade a oportunidade de integrarse e mellorar o seu benestar a través do deporte. Esta iniciativa busca xerar un espazo seguro e positivo onde o deporte convértese nunha ferramenta de inclusión e superación persoal.

Co Proxecto CRIS SEIJO, o noso compromiso co baloncesto feminino e o apoio a mulleres en diferentes situacións de vida fortalécese máis que nunca. Convidámoste a sumarte a esta aventura, xa sexa desde a cancha ou como parte da nosa rede de apoio.

 

 

Presentación oficial do Proxecto Cris Seijo
O 25 de outubro de 2024 lanzamos o Proxecto CRIS SEIJO para fomentar o baloncesto feminino e promover o deporte inclusivo entre mulleres en Lugo.
Esta iniciativa brinda soporte a un equipo de mulleres maiores de 35 anos, ofrecéndolles un espazo de compañeirismo para adestrar cada martes ás 20:00 h no CEIP Anexa Lugo.
Ademais, coa colaboración de Cruz Vermella e Diaconía Lugo, buscamos que o deporte sexa unha ferramenta de integración e benestar para mulleres en situacións de vulnerabilidade.
 
 

Liga veteranas

CRIS SEIJO vs BASQUET AURUM FERROL

Vertente Socio- Deportiva

Proxecto Cris Seijo – Inicio da vertente socio-deportiva.
Bota a andar a vertente socio-deportiva do Proxecto Cris Seijo, no que buscamos o fomento da práctica deportiva en mulleres de máis de 35 anos.
Non deixan de sumarse xogadoras a este grupo social aberto a mulleres que desexen adestrar a baloncesto tódolos martes no CEIP Anexa, alentadas polo seu espíritu deportivo e as gañas de desfrutar.
Ben feito rapazas!