

A Fundación Breogán, a través do PROXECTO ÍCARO pon en marcha un programa de boas prácticas deportivas para mozas e mozos en risco de vulnerabilidade social. O seu obxectivo, entendendo o deporte como unha ferramenta idónea, é reducir a brecha social das rapazas e rapaces que non teñen a súa participación na sociedade garantida en condicións de igualdade, xa sexa por aspectos socioeconómicos, socioculturais, socioxeográficos ou persoais.
O proxecto é posible grazas á colaboración da Vicepresidencia da Excma. Deputación de Lugo e ao apoio das Fundacións Dignidade e Juan Soñador.
BALONCESTO: Noel Fernández.
TENIS DE MESA: CTM Milagrosa.
FÚTBOL SALA: ADC Lugosala.
TEMPORALIZACIÓN: 1 Sesión semanal (martes) dunha hora de duración.
DESTINATARIAS/OS: 12 prazas para rapazas e rapaces entre 14 e 18 anos e máis.
CONTIDOS:
- Achegamento ao deporte a través de varias modalidades diferentes.
- Fomento da práctica deportiva como hábito saudable e como alternativa do tempo de lecer e/ou prevención doutro tipo de hábitos non recomendables.
- Promover valores propios do deporte para a súa integración na vida persoal como o respecto ás diferencias individuais, o esforzo, o compromiso, a perseverencia, a resiliencia etc.
- Desenrolar positivamente e de forma constructiva o autoconcepto das e
dos participantes, así como a súa autoestima. - Axudar á consolidación da súa identidade propia e da súa autonomía persoal.
- Crear un contexto de socialización adecuada establecendo relacións positivas.
- Suscitar cambios de actitudes.
- Fomentar unha alimentación saudable.
Unha tarde diferente co ADC Lugosala
Os rapaces e rapazas do Proxecto Ícaro cambiaron o balón de baloncesto polo de fútbol sala para vivir unha xornada diferente e chea de enerxía! ☀️⚽
Aproveitando a soleada tarde, gozamos dunha fantástica sesión de adestramento da man dos amigos do ADC Lugosala, que compartiron con nós a súa paixón e coñecemento.
Moitas grazas a Fermín Hidalgo, adestrador do primeiro equipo, e aos xogadores Aarón e Pansi pola súa cercanía, implicación e por facer desta experiencia un día inesquecible para todos e todas. 💙
Seguimos sumando aprendizaxes, valores e momentos que nos fan medrar.

Somos gañadores de Cancha Solidaria
O Proxecto Ícaro da Fundación Breogán é un dos proxectos gañadores de Cancha Solidaria Endesa, rematando na 5ª posición final.
Entre máis de 200 iniciativas de toda España que utilizan o baloncesto como motor de cambio social, conseguimos situarnos entre os proxectos premiados. Un logro colectivo que pertence a todas as persoas que votastes, compartistes e empuxastes ata o final.
Este recoñecemento é posible grazas a todas as persoas que nos votastes e que confiastes no Proxecto Ícaro desde o primeiro día.
Grazas polo voso apoio, pola vosa difusión e por cada voto que nos levou ata aquí.
Este premio é colectivo. É da xente que cre nun baloncesto que transforma vidas.
Seguimos voando alto 💙
SEGUIMOS NA "LOITA"
Seguimos 2º… pero xa nos pisan os talóns!
Grazas a todas as persoas que estades votando e compartindo o Proxecto Ícaro.
Agora mesmo seguimos nunha posición incrible: segundos en 𝗖𝗮𝗻𝗰𝗵𝗮 𝗦𝗼𝗹𝗶𝗱𝗮𝗿𝗶𝗮 𝗘𝗻𝗱𝗲𝘀𝗮.
Pero isto aínda non rematou: cada voto conta e a clasificación está moi axustada.
👉 Entra nas nosas historias destacadas, na ligazón fixada no perfil ou aquí:https://endesabasketlover.com/cancha-solidaria/
🗓️ Tes ata o 16 de febreiro.
Imos a por ese último empurrón
CANCHA SOLIDARIA ENDESA
Finalistas nacionais!
A Fundación Breogán foi seleccionada entre os 10 proxectos finalistas de Cancha Solidaria Endesa, cunha iniciativa que nos representa: Proxecto Ícaro.
Máis de 150 proxectos sociais presentados en toda España, e nós estamos entre os mellores.
O baloncesto como ferramenta de transformación social segue voando alto.
Grazas por acompañarnos. 💙
#CanchaSolidaria #ProxectoIcaro
INICIO DA TEMPADA 25/26 (7 de outubro de 2025)
O 7 de outubro déronse por iniciados os adestramentos do Proxecto Ícaro, unha iniciativa da Fundación Breogán coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, que segue a apostar pola formación, a inclusión e o baloncesto como ferramenta de transformación.
Este ano contamos cunha novidade importante: Noel Fernández incorpórase como novo adestrador da Fundación, asumindo o liderado do proxecto con moita ilusión e compromiso. 💙
A tempada arrinca con forza e entusiasmo — con novos retos, aprendizaxes e soños por cumprir.
04/11/25 - Tenis de mesa.
Un ano máis, e grazas ao apoio de diferentes clubs deportivos lucenses, abrimos as nosas actividades a novos deportes máis aló do baloncesto. Nesta ocasión, os rapaces e rapazas do proxecto gozaron dunha sesión chea de enerxía e diversión de Tenis de Mesa, da man do Club Tenis de Mesa A Milagrosa.
Queremos agradecer de corazón ao club e a Ismael Pérez Díaz, Máximo Dugo Patón e Cayetano Fdez Andión por abrirnos as portas e compartir connosco a súa paixón por este deporte.
18/12/25
Os rapaces e rapazas do Proxecto Ícaro da Fundación Breogán volveron visitar aos nosos amigos do Club Tenis de Mesa A Milagrosa, para gozar dunha nova xornada chea de aprendizaxe, movemento e diversión.
Seguimos abrindo o proxecto a distintas disciplinas deportivas, ofrecendo novas experiencias que fomentan valores como o esforzo, a convivencia e o traballo en equipo, sempre da man dos clubs deportivos da nosa provincia.
Este proxecto desenvólvese co apoio da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, á que agradecemos o seu compromiso co deporte e coa formación da mocidade.
👏 Grazas ao Club Tenis de Mesa A Milagrosa pola acollida e por compartir unha vez máis a súa paixón por este deporte cos nosos rapaces e rapazas.
























