PROXECTO PERSOAS

 

 

Un proxecto da Fundación Breogán, en convenio coa Área de Deportes da Excma. Deputación de Lugo.

Proxecto social e inclusivo que responde á necesidade de ofrecer actividades relacionadas coa práctica deportiva, no noso caso o baloncesto, a persoas menores de idade con discapacidade que actualmente non dispoñen de ningún tipo de oferta neste sentido.

PROXECTO PERSOAS pretende dotar a este grupo de persoas dunha actividade inclusiva que lles permita practicar baloncesto nas mellores condicións posibles. Isto implica dispor dunha pista (pista principal do Pazo Dos Deportes) adaptada ás súas necesidades, sen barreiras arquitectónicas e con todo o material preciso. Tamén supón dispor de adestradores, monitores, terapeutas e demáis persoal familiarizado no traballo con este grupo de persoas. E todo isto xuntos, e da man da Fundación Breogán e do C.B. Breogán.

Complementariamente á práctica deportiva, organizaranse actividades como: visitas dos xogadores do C.B. Breogán ós adestramentos, asistencia a encontros do C.B. Breogán, unha exhibición durante o descanso dun dos encontros, etc. buscando normalizar a nivel social a práctica deportiva das persoas con discapacidades, xenerar as mesmas oportunidades entre as persoas con discapacidade e as que non as teñen, axudar na mellora do seu nivel de desenrolo motore socio-afectivo, aumentar a súa autoestima, confianza, autonomía e un longo etcétera de beneficios que aporta a práctica deportiva dun deporte coma o baloncesto.

A estructura das actividades deportivas do PROXECTO PERSOAS terá as seguintes características:

  • Adestrarase tódolos xoves, de 16:00 a 17:00 na pista principal do Pazo dos Deportes.
  • Os adestramentos estarán dirixidos a todas aquelas persoas menores de idade con discapacidade, indistintamente do tipo desta. Os grupos dividiranse por idade, tipo de discapacidade e autonomía na práctica deportiva.
  • Os adestramentos estarán dirixidos por Salva Arco (Director da Fundación Breogán). A maiores, disporemos dos adestradores da Fundación Breogán (incluidos os seus voluntarios) e tamén con persoal (fisioterapeutas, terapeutas, etc.) das distintas entidades que apoian este proxecto (USC, RAIOLAS LUGO, ADACE e AFALU.)
  • Os adestramentos levaranse a cabo ó longo dos meses de Outubro a Xuño.

Formulario de inscrición

 

Presentación oficial do Proxecto - 9 Febreiro 2023
Xornada de portas abertas - 16 Febreiro 2023
Adestramento - 2 Marzo 2023
Adestramento - 9 Marzo 2023
Adestramento - 16 Marzo 2023
Adestramento - 23 Marzo 2023
Adestramento - 30 Marzo 2023
Adestramento - 13 Abril 2023
Adestramento - 20 Abril 2023
Adestramento - 27 Abril 2023
Adestramento - 11 Maio 2023
Presentación Pazo dos Deportes - 14 Maio 2023
Adestramento - 25 Maio 2023
Adestramento - 15 Xuño 2023
Adestramento - 29 Xuño 2023
INICIO NOVA TEMPORADA
Presentación e adestramento 19 outubro 2023
Adestramento 26 outubro 2023
Adestramento 9 novembro 2023
Visitas motivadoras - 23 novembro 2023