PROXECTO PERSOAS

 

 

A Fundación Breogán, en colaboración coa Área de Deportes da Deputación de Lugo, impulsa a III Edición do Proxecto Persoas, unha iniciativa social e inclusiva que ofrece ás persoas menores con discapacidade a oportunidade de practicar baloncesto en condicións adaptadas ás súas necesidades.

O proxecto conta cun espazo accesible na pista principal do Pazo dos Deportes, material especializado e un equipo formado por adestradores, monitores, terapeutas e voluntarios. As actividades inclúen adestramentos semanais, visitas de xogadores do C.B. Breogán, asistencia a partidos e unha exhibición, fomentando a inclusión social e os beneficios do deporte.

Luis Abel Taboada, como Director da Fundación Breogán, lidera os adestramentos, que se celebran todos os xoves de 16:00 a 17:00, de outubro a xuño, con grupos adaptados por idade e nivel de autonomía. Este proxecto busca mellorar o desenvolvemento motor, a autoestima e a integración social das persoas participantes.

Un exemplo de compromiso e igualdade a través do baloncesto.

Formulario de inscrición 24/25

Formulario de inscrición 25/26

Novas das actividades do ano 2024 facendo click aquí

 

Volta aos adestramentos - 9 de xaneiro de 2025
Despois dunhas merecidas vacacións de Nadal, retomamos os nosos adestramentos do Proxecto Persoas con máis ganas ca nunca. Foi un reencontro cheo de sorrisos, ilusión e enerxía, onde nenas, nenos, adestradores e voluntarios desfrutamos xuntos dunha tarde moi especial.
Xa botabamos de menos esta maxia que só ocorre cando estamos todos xuntos na cancha, compartindo momentos únicos e aprendendo uns dos outros.
Seguiremos traballando con todo o corazón para seguir facendo do deporte un lugar de inclusión, crecemento e felicidade.
O valor do voluntariado
O Proxecto Persoas non sería posible sen o incrible traballo d@s nos@s voluntarios e voluntarias, tanto da Fundación Breogán como das entidades colaboradoras: Afalu, Dano Cerebral Lugo, Raiolas e a USC. Grazas a vós, cada adestramento convértese nun espazo de inclusión, aprendizaxe e diversión!
Na imaxe aparecen Laura, Bárbara, Carlos, María, Pablo, Carlos S. e Javi, unha pequena representación de todas as persoas que fan posible este proxecto. O noso agradecemento vai tamén para aqueles e aquelas que, aínda que non aparecen na foto, suman esforzos cada semana para seguir facendo do deporte unha ferramenta de transformación.
Grazas rapaces! coa vosa axuda seguimos adiante, xuntos e con máis ilusión ca nunca!
 

A maxia de compartir

O 23 de xaneiro vivimos unha xornada especial, xa que nos acompañaron os rapaces e rapazas de MarCha Lugo. A súa enerxía, ilusión e compromiso fixeron deste adestramento algo inesquecible!
Ao rematar, non se puideron resistir a un pequeno tour polo Pazo dos Deportes, como bos seguidores do C.B. Breogán. Foi a nosa forma de agradecerlles a visita e de recoñecer o gran traballo que fan.
Grazas por compartir esta experiencia con nós e parabéns polo voso proxecto! Seguide adiante, porque o mundo necesita persoas coma vós!
Na Fundación Breogán cremos firmemente na transversalidade dos nosos proxectos, e sempre que temos a oportunidade, mesturámolos. Porque xuntos, aprendemos, melloramos e vivimos momentos inesquecibles.
O 6 de febreiro foi un deses días especiais: varias integrantes do equipo +35 do proxecto Cris Seijo adestraron cos nosos rapaces e rapazas do proxecto Persoas.
Acompañadas polo noso adestrador Álex e o equipo de voluntariado, crearon unha sesión chea de aprendizaxe, risas e emoción.
Foi marabilloso, divertido e inesquecible.
Porque cando unimos forzas, todos e todas gañamos!
 
Colaboración Comité Galego de Árbitros de Baloncesto.
O 20 de febreiro no adestramento do Proxecto Persoas tivemos una nova colaboración... e tamén supervisión extra! José Ángel e Carolina, en representación da delegación de Lugo do Comité Galego de Árbitros de Baloncesto, uníronse a nós para compartir unha sesión moi especial.
Baixo a súa atenta mirada, puxemos en práctica o noso mellor xogo limpo e deixamos claro que no noso campo sempre hai sitio para todos! Porque seguir facendo do deporte un espazo para todos é o noso mellor partido.
Moitas grazas por acompañarnos! Volvede cando queirades... prometemos non facer pasos!
 
Continuamos a recibir visitas de colectivos e equipos que desexan vivir de primeira man un adestramento do noso Proxecto Persoas.
O 27 de febreiro foi a quenda do equipo de baloncesto infantil feminino do Franciscanos Lugo, acompañadas polos seus adestradores Nerea Vieites e Chisco López, que tamén se sumaron ao equipo de adestradores e voluntarios do Proxecto para compartir esta experiencia.
Ademais, como estamos en pleno Entroido, os atuendos dalgúns participantes e voluntari@s deixan claro que a diversión tamén forma parte do xogo!
Estas experiencias son fundamentais para todos, fomentando valores de inclusión, compañeirismo e aprendizaxe mutua.
Grazas por compartir esta xornada con nós!
 
Nova Colaboración do Comité Galego de Árbitros de Baloncesto.
O 6 de marzo tivemos a sorte de recibir, unha vez máis, a varios membros da delegación de Lugo do @comitegalegodearbitros_fgb (@fegababaloncesto), que viñeron compartir con nós unha sesión especial no Proxecto Persoas.
Con eles en pista, puxemos en práctica o noso mellor xogo limpo e seguimos aprendendo que o baloncesto é moito máis que un deporte: é compañeirismo, respecto e inclusión.
Grazas por achegarvos e sumar ao noso proxecto! Volvede cando queirades... a pista é vosa!
Nova visita no Proxecto Persoas.
Recibimos unha visita moi especial no Proxecto Persoas! Os rapaces da Escola Atlética Lucense, xunto cos seus adestradores Óscar Rodríguez Río (Phosko) e Rubén Martelo, compartiron con nós unha tarde de deporte, aprendizaxe e moita enerxía.
Foi unha gran oportunidade para coñecer novas disciplinas, reforzar valores como o esforzo e o compañeirismo e, sobre todo, desfrutar xuntos do que máis nos gusta: o deporte!
Grazas por esta experiencia! As portas do noso proxecto sempre estarán abertas para vós.
E outra visita máis no Proxecto Persoas.
O 27 de marzo tivemos a sorte de recibir a varios xogadores do ADC Lugosala, que se uniron aos nosos adestradores e voluntarios para compartir unha tarde única.
Adriá Blat, Dani Pineda, Willy May e Taisei Akiyama cambiaron o balón de fútbol polo de baloncesto, demostrando que o máis importante é sumar, compartir e desfrutar do deporte xuntos!
Moitísimas grazas a eles e ao ADC Lugosala por esta gran experiencia!
O 3 de abril tivemos o pracer de recibir, por terceira vez, a varios membros da delegación de Lugo do @comitegalegodearbitros_fgb (@fegababaloncesto), que se achegaron ao Proxecto Persoas para compartir con nós unha nova sesión chea de aprendizaxes.
Con eles na pista, practicamos moito máis que xogadas: traballamos o respecto, a inclusión e o valor do xogo limpo, que son tamén parte fundamental do baloncesto que queremos construir.
Grazas por volver, por implicarvos e por facer equipo con nós unha vez máis. Esta sempre será a vosa pista.
 
O 10 de abril recibimos ao Club Natación PortaMiñá, que se achegou cun grupo de nadadores e o seu adestrador @pablomendezferreiro para compartir con nós unha xornada chea de deporte, inclusión e aprendizaxe mutua.
O Proxecto Persoas estase a converter nun verdadeiro punto de encontro entre asociacións, clubs deportivos e entidades que cren nun deporte para todos e todas.
Grazas de corazón por formar parte desta experiencia. Seguimos construíndo un camiño máis inclusivo, da man do deporte!
Unha representación de axentes da Comisaría de Lugo do Corpo Nacional de Policía, encabezada polo Comisario Xefe, Luis Miguel Romera, sumouse aos voluntarios e voluntarias da Fundación Breogán e ao adestrador Álex Martín nunha xornada moi enriquecedora.
Foi unha oportunidade para compartir sinerxías, valores e compromiso social, achegando deporte, inclusión e solidariedade a través dunha experiencia única.
Grazas pola vosa implicación e apoio!
Nova e inspiradora xornada do Proxecto Persoas, coa visita dos amigos do C.B. Terrachá, que se uniron ao adestramento cunha representación dos rapaces do G  Grupo Pelé e das rapazas do Federopticos Lukus.
Estas sesións demostran que, cando se xuntan ilusión, deporte e compromiso, nacen sinerxías poderosas que fan medrar a inclusión, o respecto e o sentimento de equipo.
Grazas por compartir pista, sorrisos e valores. Seguimos tecendo rede, facendo do deporte un espazo para todos e todas.
 
Tivemos o pracer de contar coa visita dunha representación do ADC Sagrado Corazón no marco do Proxecto Persoas. Foi unha xornada chea de sorrisos, baloncesto e momentos compartidos, que nos fixo especial ilusión vivir con vós.
Moitísimas grazas por achegarvos, por participar con tantas ganas e por formar parte desta iniciativa que non deixa de medrar grazas a colaboracións como a vosa.
Encantounos a vosa compañía e agardamos volver vernos moi pronto!
Tamén despedimos —ata a próxima tempada— a Abel, alumno do CEE Santa María, que recibiu o seu diploma como recoñecemento ao seu esforzo e ilusión durante todo o curso. Grazas, Abel, por contaxiarnos a túa enerxía!
Tivemos a sorte tamén de recibir a unha representación dos nosos amigos do Club de Piragüismo Cidade de Lugo.
Xuntos compartimos moito máis ca un adestramento: risas, aprendizaxes, experiencias e, sobre todo, valores que nos unen.
Grazas ao club, aos nosos voluntari@s e adestradores por facer posible este encontro tan enriquecedor.
Seguimos sumando, seguimos remando xuntos!
 
 

Imos de vacacións!

Rematamos unha tempada fantástica, na que compartimos moitas tardes de baloncesto (e moito máis) con multitude de asociacións, clubs e entidades comprometidas coa integración a través do deporte.
A todas elas, o noso máis profundo agradecemento: Comité Galego de Árbitros de Baloncesto, Franciscanos Lugo, Escuela Atlética Lucense, ADC Lugosala, Club Natación Porta Miña, A Comisaria de Lugo do CNP, CB Terrachá, ADC Sagrado Corazón e Cidade de Lugo Piragüismo.
🙏 Tamén queremos dar as grazas aos voluntarios da Fundación Breogán e das entidades colaboradoras polo seu traballo incansable, sempre cun sorriso, facendo que cada sesión fose especial: Afalu Alzheimer Lugo, Dano Cerebral Lugo, USC, Raiolas Lugo e CEE Santa María.
E, por suposto, aos verdadeiros protagonistas: os rapaces e rapazas, que recibiron o seu diploma de participación 🎓 Desexámosvos un feliz verán, cheo de ilusión e descanso. Agardamos vervos de novo á volta das vacacións!
Seguimos facendo equipo, dentro e fóra da pista.

Estamos de volta!

Ao Pazo dos Deportes achegáronse os rapaces e rapazas con moita ilusión, xunto cos nosos voluntarios e voluntarias, sen os que isto non sería posíbel. Houbo momento para presentacións e para compartir obxectivos: demos coa maior ledicia a benvida a Raquel Asensio, que será a nova adestradora do proxecto. Raquel, xunto con María Piñeiro, acompañará aos rapaces con cariño e dedicación, aportando a súa experiencia para seguir construíndo un espazo seguro e cheo de afecto.
Grazas a todas e todos os que achegades o voso tempo, enerxía e sorriso —voluntariado, familias e participantes—. O Proxecto Persoas é iso: unha comunidade que medra xunta, que aprende e celebra cada pequeno logro.