#SenFiltros: o que de verdade vivimos os mozos e mozas

A Fundación Breogán, en colaboración co Proxecto de Bana, pon en marcha un novo ciclo de charlas educativas dirixido ao alumnado de Educación Secundaria Obrigatoria (ESO).

Baixo o título #SenFiltros: o que de verdade vivimos os mozos e mozas, esta iniciativa busca abrir conversas honestas e necesarias sobre os retos que afronta a xuventude hoxe, dentro e fóra das aulas.

Nun formato dinámico e participativo, estas sesións propoñen un espazo seguro onde falar sen tabús de temas como o bullying, o ciberacoso, a saúde mental e o suicidio, poñendo o foco no benestar emocional e nas ferramentas que poden axudar a cada estudante a atopar o seu propio equilibrio.

O obxectivo é claro: escoitar, comprender e acompañar, ofrecendo recursos prácticos a través da arte e o deporte como canles de expresión, autocuidado e superación persoal.


💬 Bloques de traballo

  • #SenFiltros na clase e no patio: Bullying, exclusión e a presión diaria que sentimos.

  • #SenFiltros na pantalla: Ciberacoso, redes sociais, videoxogos e o impacto na nosa autoestima.

  • #SenFiltros na mente: Ansiedade, depresión e o valor de aprender a poñerlles nome.

  • #SenFiltros na vida: Falar do suicidio sen medo nin tabús: pedir axuda é un acto de valentía.

  • #SenFiltros con arte e deporte: Rap, escritura, fútbol, baloncesto… como transformar a presión en creatividade e xogo limpo.


🎯 Un proxecto con propósito

Con #SenFiltros, a Fundación Breogán reafirma o seu compromiso coa mocidade galega, apostando pola educación emocional, a saúde mental e os valores do deporte como ferramentas de cambio social.

Cada charla busca inspirar e conectar, para que ningún rapaz ou rapaza se sinta só/a fronte ás súas dificultades, e para que aprendan que falar, compartir e crear son pasos valentes cara a unha vida máis sa, consciente e auténtica.


💚 Fundación Breogán e Proxecto de Bana.
Educando en valores, creando futuro.

 

Solicita máis información e inscríbe ao teu centro en 📧 inscripciones@fundacionbreogan.org

 

A Fundación Breogán e @elproyectodebana poñen en marcha este novo ciclo de charlas nos seguintes centros educativos:

🏫 IES Xograr Afonso Gómez – Sarria
🏫 Colexio Maristas – Lugo
🏫 CPI Tino Grandío – Guntín
🏫 Colexio Franciscanos – Lugo
🏫 IES Ánxel Fole – Lugo
🏫 IES Nosa Señora dos Ollos Grandes – Lugo

💬 Un total de seis centros que apostan por crear espazos seguros onde a mocidade poida falar sen tabús sobre o que realmente importa: bullying, ciberacoso, saúde mental e benestar emocional.

💚 Grazas por sumarvos a este proxecto que educa en valores e dá voz ao que de verdade sentimos.

Colexio Maristas

Primeira sesión de #SenFiltros, o novo ciclo de charlas que a Fundación Breogán impulsa xunto con @elproyectodebana.

A sesión, impartida por Samuel Del Árbol, tivo lugar no Colexio @maristaslugo, onde abrimos un espazo cercano e seguro para falar do que realmente lle preocupa á mocidade: bullying, ciberacoso, saúde mental, ansiedade, autoestima e prevención do suicidio. Un enfoque directo, claro e adaptado ao alumnado da ESO.

Con #SenFiltros buscamos acompañar, escoitar e ofrecer ferramentas útiles para que os mozos e mozas poidan comprender o que senten, pedir axuda cando o necesiten e fortalecer o seu benestar emocional.

Primeira sesión superada… e isto non fixo máis que comezar.

IES Xograr Afonso Gómez - Sarria

Esta mañá levamos a cabo a segunda visita do programa #SenFiltros, unha iniciativa impulsada pola Fundación Breogán xunto con El Proyecto de Bana, coa que seguimos achegándonos aos centros educativos para falar, sen tabús, do que realmente importa.

Nesta ocasión estivemos no IES Xograr Afonso Gómez de Sarria, compartindo unha sesión co alumnado de 1º da ESO, nun espazo de diálogo aberto, próximo e respectuoso.

A charla foi impartida novamente por Samuel Del Árbol (@sam_thelordofthetree), quen abordou cuestións fundamentais para o benestar emocional da mocidade, ofrecendo reflexións e ferramentas adaptadas á súa realidade.

Con #SenFiltros queremos seguir escoitando, acompañando e creando contornas seguras onde os rapaces e rapazas poidan expresarse e sentirse comprendidos. Seguimos camiñando. 💙