TORNEO 3X3 NA RÚA

I Edición do "Torneo 3X3 Na Rúa" para categorías inferiores.

O día 25 de xuño tivo lugar o I Torneo 3X3 Na Rúa da Fundación Breogán. Un torneo de baloncesto na modalidade 3X3, dirixido ás categorías inferiores (de 11 a 18 anos) e que tivo como escenario as pistas exteriores do Pazo Dos Deportes e, posteriormente e por causa da choiva, no seu pavillón anexo.

Foi este un torneo que buscaba devolver a esencia do baloncesto 3X3 a Lugo, e con isto, a normalidade post pandemia. Competir na rúa, diante de ducias de siareiros e acompañados por amigos, compañeiros de equipo e amantes do baloncesto.

A xornada prolongouse durante todo o día. Dende as 10 da mañá onde comenzaron as fases clasificatorias, ata as 8 do serán, cando se xogaron as diferentes finais de cada categoría. Un total de 19 equipos, divididos en 3 categorías e con equipos masculinos e femininos gozaron dun evento que lles facilitou todo a necesario para espremer ó 100% un día de moito baloncesto.