ÚNETE A NÓS COMO SOCI@ BENEFACTOR/A

Os socios e socias benefactores/as son aquelas persoas ou entidades que contribúen economicamente ó sostemento e desenrolo do labor da Fundación mediante aportacións periódicas. A cota anual actual establécea cada socio/a en función da súa vontade, sendo o importe mínimo 42€ (3’50 € mensuais) aínda que é posible fixar unha cota superior.

A doazón está suxeita ós beneficios fiscais que establece a Lei de Réxime Fiscal das Entidades sin Fins Lucrativos e dos Incentivos Fiscais ó Mecenazgo, Lei 49/2002 (entidades calificadas pola lei no seu artigo 16 e disposicións 5ª, 6ª, 7ª, 9ª e 10ª e os consorcios a que se refire o seu artigo 27.2 segundo) ó estar acollida a Fundación Breogán a dita lei como entidade beneficiaria de mecenazgo. Por elo, os nosos socios benefactores teñen unha deducción na súa declaración da Renda dun 80% dos primeiros 250 € doados. A partir dese importe, as doazóns serán deducibles ó 40% ou ó 45% se se trata de doazóns periódicas realizadas á mesma entidade durante polo menos dous anos e por un importe igual ou superior. A deducción ten un límite do 10% da base liquidable do imposto.

    Mediante a aceptación desta orde de domiciliación, o benefactor autoriza á Fundación Breogán a enviar instruccións á entidade bancaria de dito benefactor para adeudar a súa conta nese importe, e á súa propia entidade bancaria para efectuar os adeudos na súa conta seguindo as instruccións da Fundación Breogán. Como parte dos seus dereitos, o benefactor está lexitimado ó reembolso pola súa entidade nos términos e condicións do contrato suscrito ca mesma. A solicitude de reembolso deberá efectuarse dentro das oito semanas que seguen á data de adeudo na conta. Pode obter información adicional dos seus dereitos na súa entidade financiera. Poñemos á súa disposición as condicións de tratamento dos seus datos persoais no seguinte enlace: https://fundacionbreogan.org/politica-de-privacidad