
II XORNADAS DE TECNIFICACIÓN
3, 4 e 5 de Abril de 2023.
A Semana Santa de 2023 volverá a ser moi especial para os 40 rapaces de entre 8 e 16 anos, que decidan acompañarnos nas II XORNADAS DE TECNIFICACIÓN que realiza a FUNDACIÓN BREOGÁN en convenio coa XUNTA DE GALICIA.
Compartirán adestramentos con xogadores e técnicos do C.B. Breogán, desfrutarán de xornadas formativas e terán agasallos exclusivos como recordo do seu paso polas Xornadas.
As Xornadas darán comenzo o vindeiro 3 abril ás 9:00 h. nas instalacións deportivas de FRIGSA, Lugo.
Ata alí se desprazarán cada mañá, membros do corpo técnico do C.B. Breogán e xogadores, para compartir experiencias e coñocementos cos pequenos deportistas.
Logo do xantar, que terá lugar no restaurante das Pedreiras, chegará o momento da parte formativa. Acompañarannos dous psicólogos especializados en psicoloxía deportiva, unha faceta complementaria moi importante para tódolos deportistas.
O lugar e a hora de finalización diaria das xornadas será no Pazo dos Deportes ás 16:00 h.
As prazas son moi limitadas e os socios benefactores da Fundación Breogán teñen preferencia nas inscricións.
Preme aquí para acceder ó formulario.