Novas

2 de abril – Día Mundial do Autismo

#MenosXuízosMáisApoios

As persoas autistas poden manifestar comportamentos diferentes en situacións cotiás, pero non precisan ser xulgadas, senón comprendidas.

Desde a Fundación Breogán adherímonos a esta campaña, que nos convida a reflexionar antes de emitir xuízos precipitados. No canto de cualificar determinadas actitudes como descorteses, insistentes ou inapropiadas, é necesario considerar que detrás deses comportamentos pode haber unha persoa autista que precisa apoio e comprensión para afrontar situacións que lle xeran malestar ou que resultan complexas de xestionar.

Promover unha sociedade máis inclusiva require compromiso, empatía e respecto cara á diversidade.

💙 Máis comprensión, máis apoio, menos xuízos