Novas

21 Proxectos, milleiros de ilusión

O que comezou en 2021 como unha ilusión compartida é hoxe unha realidade formada por 21 proxectos sociais, educativos e socio deportivos que chegan cada tempada a milleiros de persoas.

Detrás de cada iniciativa hai historias, oportunidades, aprendizaxes, inclusión, participación e moitas persoas comprometidas cun obxectivo común: construír unha sociedade mellor a través do deporte.

Nada disto sería posible sen o apoio de empresas, institucións, asociacións, soci@s benefactores, centros educativos e clubs deportivos que forman parte desta gran familia.

Nas próximas semanas convidámosvos a coñecer cada un destes proxectos e ás persoas que lles dan sentido cada día.