🦋 Cada saída ao río Miño é unha oportunidade para descubrir algo novo. Nesta ocasión, as persoas usuarias de Down Lugo participaron nunha nova xornada de “Miño Vivo”, explorando a riqueza natural da Reserva da Biosfera Terras do Miño.
Ao longo do percorrido, as persoas participantes achegáronse á biodiversidade da contorna a través da observación e da interacción directa co medio natural, compartindo unha experiencia de aprendizaxe e desfrute ao aire libre.
A actividade estivo guiada por Alejandro Rodríguez, da Oficina Verde dos Centros Asociados da UNED de Lugo, dentro do proxecto #LugoNaturalMente.
Unha nova sesión na que a natureza volveu converterse nun espazo de encontro, participación e descubrimento. 🌿


