Novas

Presentación Fundación

Mañán sábado, 11 de decembro estades convidados á presentación oficial da @fundacionbreogan

Iniciamos esta ilusionante andaina ás 12:00 horas no Salón de Actos do Vello Cárcere. Alí, da man de Narciso Fernández (Presidente) e @salva_arco (Director) presentaremos os proxectos e todolos detalles relacionados co funcionamento e os obxectivos da FUNDACIÓN BREOGÁN.

Tralo acto formal, haberá unha actividade na Praza Anxo Fernández (13:00) na que poderedes desfrutar da presencia de xogadores do @cbbreogan ,música, agasallos e como non, de moito baloncesto.

O acceso é aberto a todolos públicos, pero o aforo será limitado e por rigurosa orde de chegada e por suposto contaremos con todalas medidas sanitarias fronte á Covid.

Agardámosvos! 😍
Contamos con vos para dar “O SEGUINTE PASO NO SENTIMENTO BREOGANISTA”

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *