Xa están abertas as inscricións para a V edición do Proxecto Persoas!
Unha nova tempada deste programa da Fundación Breogán, desenvolvido en colaboración coa Área de Deportes da Deputación de Lugo, que emprega o baloncesto como ferramenta de inclusión, participación e desenvolvemento persoal para persoas menores con capacidades diferentes.
De outubro a xuño, as persoas participantes poderán desfrutar de adestramentos adaptados, actividades de convivencia e experiencias únicas nun entorno seguro, accesible e pensado para elas.
📝 As inscricións xa están dispoñibles:
- Na sección «Inscricións» da nosa web.
- Nas historias destacadas do noso Instagram.
- A través do formulario habilitado para o proxecto: https://forms.gle/kcvhN46dXCAsW5RV9
Comezamos a quinta tempada dun dos proxectos máis especiais da Fundación Breogán. Agardámosvos!