Desde a Fundación Breogán queremos expresar o noso máis sincero agradecemento á empresa Congelados Sarrianos S.L. pola súa incorporación como Empresa Colaboradora.

Con máis de 25 anos de experiencia distribuíndo produtos ultracongelados na provincia de Lugo, esta empresa familiar destaca pola calidade, a traxectoria e o servizo de proximidade.
A súa implicación achega un valor fundamental ao noso labor: profesionalidade, compromiso e atención personalizada.



Grazas por formar parte desta viaxe connosco e permitirnos traballar por unha sociedade máis inclusiva, activa e participativa.
📍 Congelados Sarrianos S.L.
Rúa Betote de Arriba 56
27617 – Sarria (Lugo)
🌐 www.congeladossarrianos.es