Hoxe achegámonos ao Centro San Vicente de Paúl para repartir apertas e camisetas a partes iguais 💙🏀
Das apertas encargouse o noso querido Máximus, levando alegría a cada recuncho. E para facer entrega das camisetas ao equipo Special Olympics do centro, contamos coa colaboración da directora da UNED Lugo, Ana Traseira.
Unha mañá que reafirma o noso compromiso co deporte como motor de inclusión.


